• Número 423
  • 25 de febreiro de 2019

Alternativas na Xustiza - CUT

Alternativas na Xustiza quere un xulgado exclusivo para a muller

Alternativas na Xustiza quere un xulgado exclusivo para a muller
É fundamental que se habiliten locais para as vítimas

Para este sindicato, é fundamental que se habiliten locais para as vítimas "nos que poidan esperar sen ter que confrontar co acusado e, do mesmo xeito, se cren prazas especializadas en materia de violencia de xénero".

Alternativas na Xustiza- CUT remitiu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) un escrito para que nas comisións provinciais de coordinación para a loita contra a violencia de xénero (en Ourense constituíuse o pasado día sete deste mes) se teña en conta a participación dos traballadores da Administración de Xustiza . E iso, segundo di, porque "coñecen de primeira man a situación na que chegan as vítimas aos xulgados".

Ligazón á noticia