• Número 422
  • 18 de febreiro de 2019

SOS Sanidade Pública

Feijoo equivocouse de manifestación! A Quintana foi unánime: +saúde -negocios -recortes -precariedade

Feijoo equivocouse de manifestación! A Quintana foi unánime: +saúde -negocios -recortes -precariedade
Coidar da saúde das persoas ten máis importancia que fomentar o negocio ou ir ás manifestacións da extrema dereita

Encheuse de novo a Quintana! A cabeceira da manifestación entraba na Quintana cando o final estaba aínda saíndo da Alameda, na Senra.

Pídese un cambio da política sanitaria! Parar os recortes! Aumentar os recursos! Eliminar a precariedade! Recuperar as Áreas sanitarias eliminadas coa reciente lei galega de saúde (Monforte, Salnés, Mariña, O Barco)! Dignificar a Atención Primaria! Atender ás reivindicacións dos PAC! Facer contratos estables aceptables para fidelizar e atraer profesionais! Reducir as listas de espera!…

Feijoo cambiou a axenda da súa viaxe institucional a USA, abandonou aos empresarios aos que acompañaba para  irse a unha manifestación da extrema dereita en Madrid. Non quixo saír na foto, no palco de honra, pero deixou aos empresarios tirados para ir ao acto patrio e mentres tanto a sanidade pública afundíndose.

Coidar da saúde das persoas ten máis importancia que fomentar o negocio ou ir ás manifestacións da extrema dereita. Aprende Feijoo! A Quintana falou e ensina.

https://sossanidadepublica.wordpress.com/

Agradecemento de SOS Sanidade Pública pola participación na manifestación para defender o que é a “nosa” sanidade pública, a de todos