Sinaturas de 35 centros de saúde para mellorar a atención sanitaria

O escrito di o seguinte:
O Colectivo de médicos de atención primaria da
Xerencia de Xestión Integrada de A Coruña, integrado na Coordinadora
Galega de Atención Primaria, fai entrega destas 55 follas nas que se
recolleron un total de 280 sinaturas.
Hai sinaturas dos seguintes 35 centros de saúde:
Abegondo, Abente y Lago, Aceadamá, Adormideras, Arteixo, Vilarrodrís,
Bergondo, Betanzos, Camariñas, Cambre, Camelle, Carballo, Carral, Casa
do Mar, Cee, Elviña, Federico Tapia, Fisterra, Guísamo, Labañou, Laxe,
Mallos, Malpica, Mera, Novo Mesoiro, Portádego, Perillo, Rosales, San
Xosé A, San Xosé B, Santa Cruz, Temple, Ventorrillo, Vimianzo, Zas.
Como pode comprobar o que pedimos é similar aos
facultativos doutras áreas sanitarias:
o Incrementar o orzamento da Atención
Primaria ata alcanzar o 25%.
o Incremento das prazas médicas para
acabar coa masificación dos cupos e consultas.
o Apoiamos aos PACs en pé de guerra
en todas as súas reivindicacións.
o Poñer fin á política de
precariedade laboral de persoal, imprescindible para garantir a
calidade da asistencia. Nesta liña rexeitamos o modelo de contrato
acordado na mesa sectorial e denominado “Nomeamento Estatutario Eventual
de Continuidade no ámbito do SERGAS”.
o Modificar a Lei Galega de Saúde
para que na estrutura de xestión de área haxa unha dirección de atención
primaria do mesmo nivel que a dirección hospitalaria e teña
capacidade de xestión propia
o Rexeitar a Comisión e grupos de
traballo creados pola Consellería para planificar un novo modelo de
Atención Primaria. Os grupos deben contar con representantes de todas
as organizacións.
Asinan en representación
Ramón Veras Castro (32446591P), María Carmen
Acuña do Campo, Ana Rilo Castelao, Jesús Manuel Caeiro Castelao
A Coruña, a 14 de febreiro de 2019
Dirixido ao Conselleiro de Sanidade D Jesús
Almuíña
https://www.entrenosdigital.com/articulo/sanidade/sinaturas-35-centros-saude-mellorar-atencion-santiaria/20190214125325007147.html