• Número 422
  • 18 de febreiro de 2019

Administración Autonómica

Resumo da Comisión de Persoal do 12/02/2019 e borradores de procesos selectivoss

Encontro Sindical Internacional: 13/14 febreiro, Cangas
Na reunión en ningún momento houbo a menor intención de negociar

Como vos sinalamos no anterior PASquín o pasado día 12 realizouse unha nova reunión da Comisión de Persoal, informámosvos, agora, do máis relevante do acontecido na dita reunión.

Punto 2

Apróbase as Bases do concurso de traslados de Gardacostas, sinalando Función Pública que este será o modelo que rexerá a partir de agora.

Punto 3

Orde pala que se convoca proceso selectivo para o ingreso no carpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos.

Único cambio:

I.1.1. O número de prazas reservadas á quenda de promoción interna é de dúas (2) prazas. Antes 1

O número prazas reservadas á quenda de acceso libre é de tres (3) prazas. Antes 4

Punto 4

Modificacións do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia

Engadiuse unha nova modificación ao Decreto 124/2016, engadindo, no artigo 4.3, un novo apartado co seguinte texto:

e) Ser informada sobre a incorporación de novos entes instrumentais do sector público autonómico ao sistema de Xestión de listas regulado polo presente decreto.

Punto 5

Proposta de modificación da RPT da Consellería de Política Social

Trátase dunha modificación puntual dun único posto (subdirector/a xeral de proxectos e accesibilidade) que, segundo a consideración de Función Pública non está configurado axeitadamente na RPT debendo encadrarse nos corpos xerais e especiais.

Procesos selectivos

Función Pública ven de enviar ás organización sindicais, para que presenten alegacións, os borradores de convocatorias de procesos selectivos que vos xuntamos.

o   ORDE do xxx de xxx de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia .

o   ORDE do xx de xxx de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

o   Orde do xxx de xxxx de xxxx pola que se convoca proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do Grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

o   ORDE do xxx de xxx de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra incendios Forestais, subgrupo C2 nas especialidades de Emisorista/Vixilante/a fixo/a, Bombeiro forestal-condutor motobomba e Bombeiro forestal; do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia .