Nace a Asociación de Entidades Locais pola Lingua para defender o galego

Este venres quedou constituída, nunha asemblea
celebrada no compostelán Pazo de Raxoi, a Asociación de
Entidades Locais pola Lingua, unha entidade formada por 15
concellos galegos que busca desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da
normalización do idioma.
Así, ademais do alcalde de Santiago, Martiño
Noriega, participaron representantes da Baña, Ames, A Coruña, Teo,
Ribadeo, Ferrol, Narón, Ponteceso, O Grove, Rianxo, Pontevedra, Moaña,
Vilagarcía e Rois.
Os integrantes son concellos que xa viñan
colaborando xuntos en proxectos como 'Apego', o certame 'Youtubeir@s' ou
o 'Clube de Debate'. O obxectivo da asociación será promover a
colaboración entre as distintas institucións para lograr unha
"xestión máis eficaz dos proxectos colaborativos en materia de lingua".
Na asemblea acordouse que a presidencia da
Asociación recaerá en Rianxo e a vicepresidencia no Concello do Grove,
mentres que Pontevedra ocupará a secretaría e Ames a tesouraría.
Ademais, Narón, Rois e Santiago ocuparán o tres vocalías da entidade.
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/86145-nace-asociacion-entidades-locais-pola-lingua-defender-galego