• Número 422
  • 18 de febreiro de 2019

Universidade

Iniciado o proceso de eleccións sindicais

18 de febreiro de 2019 | O pasado venres, convocados pola Xerencia, os sindicatos que acordaron a convocatoria de eleccións nas tres universidades galegas e APA que ten máis do 10% de representación na UDC, reunímonos para facer a programación definitiva do procedemento que finalizará o vindeiro 09/05 coa votación.

Universidade

Reunión da Xunta de Persoal

18 de febreiro de 2019 | O vindeiro xoves, día 21, realizarase unha nova reunión da Xunta de Persoal. Aínda que xa comezara o proceso que concluirá coa elección dunha nova Xunta de Persoal, compre adoptar decisións que, cando menos, non retrasen actuacións relevantes para o colectivo.

Universidade

Análise da Oferta de Emprego Público (OEP) de estabilización

18 de febreiro de 2019 | No PASquín 418 sinalabamos una serie de prazas que, ao noso entender, deberían ser contempladas no OEP de estabilización, No PASquín 419, informamos que a Xerencia só aceptaba 3 das que sinalabamos. Nese momento emprazámonos a realizar unha revisión en profundidade para elaborar unha listaxe sen posibles erros. Realizada esa labor traemos agora as conclusións.

Universidade

APA NON abrirá o seu local no CUR este luns

18 de febreiro de 2019 | Lembrámosvos as nosas extensións telefónicas e os nosos enderezos electrónicos para que, se o considerades oportuno, vos poñedes en contacto con nós.

CUT

Encontro Sindical Internacional: 13/14 febreiro, Cangas

18 de febreiro de 2019 | Os días 13 e 14 de febreiro realizamos, en Cangas do Morrazo, un Encontro Sindical Internacional ao que asistirán LAB, ESK e Steilas de Euskadi, SAT de Andalucía, FSOC de Canarias, CUT de Aragón, Intersindical Valenciá, IAC de Catalunya, CSI de Asturies, o Sindicato Ferroviario da Confederación e a CUT da Galiza.

UVigo. Xunta de PAS

Acordos da Xunta de PAS da UVigo

18 de febreiro de 2019 | Como facemos habitualmente reflectimos no PASquín as noticias máis relevantes do que acontece nas outras universidades galegas. Neste camiño, na reunión realizada o día 07/02/2019 a Xunta de Persoal da UVigo avaliou as propostas remitidas pola Xerencia das convocatorias de promoción de C1 ao A2 e convocatoria de ingreso na escala de Letrados por quenda libre.

Administración Autonómica

Resumo da Comisión de Persoal do 12/02/2019 e borradores de procesos selectivos

18 de febreiro de 2019 | Como vos sinalamos no anterior PASquín o pasado día 12 realizouse unha nova reunión da Comisión de Persoal, informámosvos, agora, do máis relevante do acontecido na dita reunión.

Defende a Galega

Dentro das protestas de persoal da CRTVG: "Construímos unha Galicia inexistente ao servizo do poder"

18 de febreiro de 2019 | Desde hai case nove meses, profesionais dos medios públicos galegos mobilízanse contra a “manipulación” e o “desmantelamento” e para esixir o cumprimento da lei de Medios e a creación do ansiado Consello de Informativos. Fano a través do colectivo Defende A Galega, que agrupa a maioría do persoal da CRTVG e impulsa a protesta que cobre de loito a redacción de San Marcos e as delegacións territoriais cada venres negro desde finais de maio. Van xa polo 39º.

CUT - CRTVG

CUT e UXT piden o cese da directora de recursos humanos da CRTVG

18 de febreiro de 2019 | Os sindicatos piden un cambio de interlocución ao considerar que Susana Fernández Veiguela non ten a capacidade nin o talante precisos para resolver a conflitividade laboral que padece o persoal dos medios públicos.

SOS Sanidade Pública

Feijoo equivocouse de manifestación! A Quintana foi unánime: +saúde -negocios -recortes -precariedade

18 de febreiro de 2019 | Encheuse de novo a Quintana! A cabeceira da manifestación entraba na Quintana cando o final estaba aínda saíndo da Alameda, na Senra.

Sanidade Pública

Sinaturas de 35 centros de saúde para mellorar a atención sanitaria

18 de febreiro de 2019 | O Colectivo de médicos de atención primaria de A Coruña fixo entrega hoxe, no rexistro do SERGAS na rúa Durán Loriga de 280 sinaturas recollidas nos centros de saúde (35 centros) e dirixidas ao Conselleiro de Sanidade D Jesús Almuíña.

Sanidade Pública

Por que os PACs están en pé de guerra

18 de febreiro de 2019 | O vindeiro día 18 @s compañeir@s dos PAC (Punto de Atención Continuada) votarán a proposta entregada na tarde do mércores polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS) aos sindicatos. Que os sindicatos, despois da longa loita realizada pol@s traballador@s dos PACs sometan a votación unha proposta que non satisfai reivindicacións que até o momento eran innegociables representa unha derrota e non é máis que un intento de lavado de cara dunha decisión que xa teñen tomada: a de asinar o borrador presentado.

Sanidade Pública

Persoal de Urxencias do Clínico de Santiago pide amparo á xustiza ante un novo "colapso"

18 de febreiro de 2019 | Na décimo cuarta semana de folga, persoal médico das Urxencias do Hospital Clínico de Santiago vén de pedir amparo ao xulgado ante os continuos “colapsos” que denuncia no servizo, o último este pasado luns. A delegada de prevención enviou a solicitude na pasada tarde “co fin de evitar situacións catastróficas como as acontecidas nas datas recentes nas que mesmo se produciu o falecemento de pacientes tras deteriorarse nos corredores sen ter podido ser diagnosticados axeitadamente polos médicos”.

Alternativas na Xustiza - CUT

AXG-CUT solicita reunión urxente da Comisión Paritaria Provincial de Interinos

11 de febreiro de 2019 | En data 11 de febreiro de 2019 publicouse na intranet "nota informativa sobre o concurso de traslados" constando na mesma que o persoal interino que ocupe prazas afectas polo proceso de consolidación cesará no caso de que nun mesmo órgano haxa varias destas prazas, conforme aos criterios de cesamento previstos no art. 21 da orde do 4 de outubro de 2018.

Represión

O BOE publica o indulto para Carlos e Serafín, unha medida que chega despois de seis anos

18 de febreiro de 2019 | O Boletín Oficial do Estado (BOE) desta segunda feira publica os dous real decretos polos que indulta Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores do transporte que foron condenados en 2011 a tres anos cada un por un delito contra os dereitos dos traballadores no marco das mobilizacións que tiveron lugar en 2008 cando o sector pelexaba por un convenio colectivo xusto.

Oficina de Dereitos Sociais - Coia

Libro: "Si no hubiera privilegios no habría miserias. Textos para la Acción Social Crítica y Transformadora"

18 de febreiro de 2019 | Temos o pracer de presentar un novo libro editado por Zambra/Baladre. Desta volta un libro que nace da I Escola de Acción Social Crítica e Transformadora celebrada en Zaragoza no mes de xuño de 2018.

Proxecto Cárcere

"Dicían que era un proxecto estratéxico, pero foi entrar no cárcere e todo foron problemas"

18 de febreiro de 2019 | "Proxecto Cárcere tentaba establecer unhas novas normas de actuación, pero o Concello non estaba preparado para esta fórmula nin fixo nada por arreglalo"

Loita feminista

Galegas 8M. Información Básica sobre a manifestación unitaria de 2019

18 de febreiro de 2019 | A plataforma Galegas 8M, a través dos procesos asemblearios de preparación do 8 de marzo, fixou a convocatoria da manifestación feminista unitaria para o domingo 3 de marzo de 2019 en Lugo. Esta mobilización dará comezo ás 12:00 da mañá e percorrerá a as rúas de Lugo dende a Porta Falsa da Muralla ata a Praza Horta do Seminario.

Galiza con Catalunya

21F: concentracións nas cidades galegas contra o “xuízo-farsa” ao independentismo catalán

18 de febreiro de 2019 | A vindeira quinta feira, 21 de febreiro, as sete principais cidades de Galiza acollerán concentracións de denuncia do “xuízo-farsa” ao independentismo catalán e de solidariedade para coas persoas encausadas neste proceso.

Solidariedade internacionalista

Denuncian que o Estado español bloquea cargamento de medicinas que ía para Venezuela

18 de febreiro de 2019 | Radio del Sur publica na súa web información da páxina de investigación La Tabla que denunciou que España bloqueou un cargamento de medicinas que se dirixía a Venezuela. Trátase de 200 mil unidades de medicamentos para enfermidades crónicas, como a hipertensión.

Sanidade Pública

Colapso (intencionado) na sanidade pública galega

18 de febreiro de 2019 | A xestión sanitaria da Xunta destaca polo seu carácter privatizador, que pon os intereses das empresas por riba dos pacientes. O colapso na atención primaria e nas urxencias son o resultado dunha privatización implacábel que favorece o lucro de xigantes empresariais como Medtronic..

Lingua

Nace a Asociación de Entidades Locais pola Lingua para defender o galego

18 de febreiro de 2019 | Este venres quedou constituída, nunha asemblea celebrada no compostelán Pazo de Raxoi, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua, unha entidade formada por 15 concellos galegos que busca desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma..

Pensamento crítico

[Vídeo] O capítulo 1 do tomo 1 do Capital

18 de febreiro de 2019 | Seguindo as ensinanzas de Lenin nos seus “CADERNOS FILOSÓFICOS” tomámonos en serio a súa recomendación: quen non estude a lóxica dialéctica pouco entenderá “O CAPITAL” de Marx. Este vídeo tenta facer unha introdución á lóxica dialéctica no capítulo 1 do tomo 1 do “CAPITAL”, a 200 anos do nacemento do seu autor. Suxerimos complementalo coa lectura de “HISTORIA E CONCIENCIA DE CLASE” de Lukacs.

Neoliberalismo

Segundo a OIT: "España campioa europea da temporalidade laboral"

18 de febreiro de 2019 | Un concienzudo estudo da OIT -Organización Internacional do Traballo- pon de manifesto que dos contratos laborais correspondentes a 18 países europeos, España é o que presenta unha maior porcentaxe de contratos cunha duración inferior aos seis meses. Un éxito máis a engadir aos numerosos "records" dos que xa "gozamos".

Opinión - Bletxu Valeiras

A mordaza nos estadios deportivos

18 de febreiro de 2019 | Hai poucos días, no estadio da Cerámica de Vila Real, produciuse unha das máis ridículas actuacións da censura encadrada na lei contra a violencia no deporte. A policía española requisou unha bandeira do Athletic de Bilbao pola súa aparencia “case anarquista”. A mesma mantiña as cores habituais do club de fútbol e engadía a letra A (Athletic) dentro da letra C (Club), o cal podía incitar a violencia, segundo a ilustre opinión dos axentes.