• Número 422
  • 18 de febreiro de 2019

Loita feminista

Galegas 8M. Información Básica sobre a manifestación unitaria de 2019

Galegas 8M. Información Básica sobre a manifestación unitaria de 2019
Neste apartado iremos actualizando toda a información básica sobre o #3MVouALugo

A plataforma Galegas 8M, a través dos procesos asemblearios de preparación do 8 de marzo, fixou a convocatoria da manifestación feminista unitaria para o domingo 3 de marzo de 2019 en Lugo. Esta mobilización dará comezo ás 12:00 da mañá e percorrerá a as rúas de Lugo dende a Porta Falsa da Muralla ata a Praza Horta do Seminario. 

Será alí onde se lerá o Manifesto e onde terán lugar diversos actos lúdicos que estamos organizando para poñer un peche perfecto a esta xornada de loita, encontro e sororidade feminista! 

Neste apartado iremos actualizando toda a información básica sobre o #3MVouALugo. Permanecede atentas! Agardámosvos! 

Descarga o cartaz en calidade para impresión!

http://galegas8m.gal