Iniciado o proceso de eleccións sindicais

O pasado venres, convocados pola Xerencia, os
sindicatos que acordaron a convocatoria de eleccións nas tres
universidades galegas e APA que ten máis do 10% de representación na
UDC, reunímonos para facer a programación definitiva do procedemento que
finalizará o vindeiro 09/05 coa votación.
O calendario negociado entre as centrais sindicais
estase a cumprir, o pasado día 7 presentouse na OPR o preaviso.
O vindeiro día 7 de marzo constituiranse as mesas
coordinadoras e o 24 de abril as mesas parciais.
No que se refire ao PAS repetirase o mesmo
procedemento que o utilizado nas eleccións sindicais do ano 2015.
Mesas electorais:
o Campus de Ferrol
o Campus da Coruña (Elviña, A
Zapateira, Oza e Bastiagueiro)
o Mesa Coordinadora que será á súa
vez mesa parcial na que votarán @s traballador@s da Reitoría e Riazor.
Correo remitido pola Xerencia para a votación do ano 2015
O luns, día 18 trasladaránselle á Xerencia os
acordos adoptados na reunión que as centrais sindicais e APA adoptamos
na reunión que realizamos despois de reunirnos coa Xerencia.
Páxina da Universidade que recolle o proceso de eleccións sindicais do ano 2015
Seguiremos informando