Denuncian que o Estado español bloquea cargamento de medicinas que ía para Venezuela

A páxina de investigación La Tabla denunciou que
España bloqueou un cargamento de medicinas que se dirixía a Venezuela.
Trátase de 200 mil unidades de medicamentos para enfermidades crónicas,
como a hipertensión.
O goberno venezolano mercara estes fármacos a unha
empresa privada en Qatar. O cargamento viña nun voo da arealiña española
Iberia rumbo a Venezuela. A aeronave fixo escala en España e logo seguiu
cara a Maiquetía, pero tivo que regresar á península ibérica. Sen
ningunha explicación, as autoridades españolas ordenaron o regreso do
voo de Iberia que traía estas medicinas para o pobo venezolano.
Aínda non houbo un pronunciamento oficial do
goberno español por este bloqueo dos medicamentos. Este xoves 14 de
febreiro, o primeiro vicepresidente do PSUV, Diosdado Cabello, no seu
programa “Co Mazo Dando” confirmou esta denuncia.
Este caso é un exemplo concreto de como as sancións
criminais de EEUU impactan na calidade de vida dos venezolanos. Nos
últimos 5 anos, a prensa apuntou a noticia de varios cargamentos de
medicina comprados polo goberno venezolano e bloqueados por países e
institucións subordinadas á Casa Branca.
En novembro de 2017, o presidente colombiano Juan
Manuel Santos prohibiu ao laboratorio BSN Medical venderlle a Venezuela
o tratamento para a malaria e o paludismo. En 2018, o City Bank e
Euroclear bloquearon mil 682 millóns de dólares do goberno venezolano
destinados a comprar medicinas.
https://kaosenlared.net/denuncian-que-el-estado-espanol-bloquea-cargamento-de-medicinas-que-iba-para-venezuela/