AXG-CUT solicita reunión urxente da Comisión Paritaria Provincial de Interinos

En data 11 de febreiro de 2019 publicouse na
intranet "nota informativa sobre o concurso de traslados" constando na
mesma que o persoal interino que ocupe prazas afectadas polo proceso de
consolidación cesará no caso de que nun mesmo órgano haxa varias destas
prazas, conforme aos criterios de cesamento previstos no art. 21 da orde
do 4 de outubro de 2018.
Tendo en canta que os mencionados interinos foron
cesados de forma ilegal e adscritos provisionalmente todos eles cunha
nova data idéntica (sen respectar a antigüidade que deu lugar a cada
consolidación), desde ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT solicitamos REUNIÓN
URXENTE da COMISIÓN PARITARIA PROVINCIAL DE INTERINOS, a fin de que nos
trasladen os criterios HOMOXÉNEOS que dende a Dirección Xeral de Xustiza
preténdese aplicar no inminente concurso de traslado.
En Vigo 12 de febreiro de 2019
Pablo Valeiras Rios