• Número 421
  • 11 de febreiro de 2019

Universidade

Asinado o acordo de gratificación por xubilación, falecemento, incapacidade e por coidado de fillos/as con diversidade funcional

Asinado o acordo de gratificación por xubilación, falecemento, incapacidade e por coidado de fillos/as con diversidade funcional
Desta volta a Xerencia non comunicou ao persoal a nova regulamentación

Agardabamos unha comunicación da Xerencia a todo o persoal anunciando, como fixo outras veces, o acordo asinado. O xerente, ocupado noutras cuestións, non fixo a comunicación institucional, iso si, o acordo está pendurado na páxina web da Universidade.

Remitímonos á análise, que deste acordo,  realizamos no anterior PASquín.

Noutras ocasións xa lle lembramos ao xerente que debía centrarse no que consideramos o seu cometido principal, exercer a xefatura de persoal. Neste ámbito constatámoslle, no último Consello de Goberno (unha vez máis) o importante retraso que acumulan as promocións acordadas para o primeiro trimestre do ano 2018, aínda non se realizaron, comprometeuse a que, nos días seguintes á realización dese Consello de Goberno transmitiría á Xunta de Persoal a levala a efecto, aínda estamos agardando. Agora xa deberiamos estar a preparar as que corresponden ao ano 2019.