• Número 421
  • 11 de febreiro de 2019

Crise estafa

Vodafone en loita contra o ERE

Vodafone en loita contra o ERE
O comité rexeita os despedimentos nunha empresa con beneficios

Os comités de empresa provinciais de Vodafone na Coruña e Pontevedra rexeitan o expediente de regulación de emprego (ERE) proposto pola multinacional, que implicaría a destrución do 25 % dos postos de traballo en Galiza.

O comité rexeita os despedimentos nunha empresa con beneficios

Para a representación legal dos traballadores e das traballadoras, unha empresa con beneficios non pode aplicar medidas traumáticas como un despedimento colectivo.

Amais dos postos de traballo directo que se ven ameazados (aproximadamente 46 dos 184 con que conta), os comités alertan do impacto sobre o emprego indirecto, pois son moitas as empresas con sede na comunidade autónoma que traballan con Vodafone.

Amais dos paros do pasado mes, para febreiro hai convocada folga de 24 horas os días 11, 13, 18 e 20. Así mesmo, a representación do persoal está a manter reunións con institucións públicas e cos grupos parlamentarios para darlles conta da situación.

Pola súa parte a representación d@s traballador@s iniciu unha rolda de conversas coas organizacións políticas, tanto a nivel autonómico como local para que se pronuncien ao respecto e que, institucionalmente se actúe coa empresa de xeito que se impidan os despedimentos.