• Número 421
  • 11 de febreiro de 2019

Sanidade Pública

'Coa sanidade non se negocia'. Manifestación en Compostela de SOS sanidade pública

"Coa sanidade non se negocia". Manifestación en Compostela de SOS sanidade pública
A saúde non é un negocio!

As pacientes da sanidade pública están a vivir un ataque feroz aos seus dereitos máis elementais, a dignidade, a saúde, a vida digna. O esgotamento de recursos e profesionais dan lugar a unha rebelión dentro dos propios profesionais que, de xeito autoorganizado, vila por vila, están a mobilizarse e poñer na primeira plana da vida pública este verdadeiro atentado que pon en risco a vida mesma.

Exiximos a Xunta de Galicia que non especule cos dereitos fundamentais, que dote de fondos suficientes ao noso ben máis prezado, a sanidade pública por encima dos recortes que, como sabemos, forman parte do establishment austericida impulsado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

A crise económica non pode ser a escusa nin o argumento para desviar fondos en manter privilexios mentres as listas de espera, as derivacións á sanidade privada e a derrogación de facto dos PAC están a dilapidar o noso ben máis prezado aínda que precario, o estado de benestar.

Os milleiros de persoas que hoxe nos manifestamos en Compostela enviamos unha mensaxe clara á Xunta de Galiza: coa sanidade non se negocia!