• Número 421
  • 11 de febreiro de 2019

CUT - Secretaría das Mulleres

Uviéu Encontro Sindicalismo e Feminismo

Uviéu Encontro Sindicalismo e Feminismo
Mulleres dos sindicatos, CGT, Intersindical, Suatea, LAB Sindikatua, STEILAS Euskal Herria, ESK Sindikatua, CUT Galiza, CUT Aragón, IAC Catalunya, Sindicato Ferroviario e Corriente Sindical d’Izquierda (Asturies)

Os días 2 e 3 de febreiro realizouse en Uviéu o “Encontro Sindicalismo e Feminismo”, sindicalismo de clase e feminista no que se xuntaron mulleres dos sindicatos, CGT, Intersindical, Suatea, LAB Sindikatua, STEILAS Euskal Herria, ESK Sindikatua, CUT Galiza, CUT Aragón, IAC Catalunya, Sindicato Ferroviario e Corriente Sindical d’Izquierda (Asturies).

No encontro debatéronse protocolos necesarios para as nosas organizacións, froito de moita reflexión, moito debate e moitos anos de esforzos. Porque os sindicatos alternativos non son máis ou menos machistas que a maioría de organizacións da nosa contorna. E é que vivimos nunha sociedade patriarcal, moi ao noso pesar, cuxos mecanismos de control con respecto ao papel das mulleres reprodúcense en todos os ámbitos.

Pero entendemos que as nosas organizacións queren traballar para deixar de selo, ou polo menos nós expomos esa necesidade. De aí xorde a proposta do protocolo feminista fronte ás agresións machistas, unha ferramenta necesaria para calquera organización, porque queremos ter espazos de traballo e militancia libres de condutas machistas e violentas que fagan deles lugares seguro para todas. Espazos nos que o noso discurso feminista e de clase tomen corpo, que non queden nun slogan ou en imaxes baleiras de contido.