• Número 421
  • 11 de febreiro de 2019

Represión

Comunicado sobre o posible encarceramento de Pablo Hasel

Comunicado sobre o posible encarceramento de Pablo Hasel
Recentemente coñecemos que a fiscalía está a premer ao Tribunal Supremo para que ratifique a condena contra Pablo Hasel e sexa, definitivamente, encarcerado

Ante este inminente golpe represivo, ás organizacións, colectivos e persoas a título individual verdadeiramente demócratas e antifascistas, expónsenos a necesidade de iniciar unha campaña para esixir a liberdade do noso compañeiro, artista e activo militante polos dereitos e liberdades democráticas que nos negan día a día.

Recentemente coñecemos que a fiscalía está a premer ao Tribunal Supremo para que ratifique a condena contra Pablo Hasel e sexa, definitivamente, encarcerado. Iso quere dicir que en cuestión de pouco tempo, se a solidariedade non o evita, o noso compañeiro ingresará en prisión por denunciar nas súas cancións e tuits a crúa realidade do fascismo do Estado español, camuflada baixo o nome de democracia.

Ante este inminente golpe represivo, ás organizacións, colectivos e persoas a título individual verdadeiramente demócratas e antifascistas, expónsenos a necesidade de iniciar unha campaña para esixir a liberdade do noso compañeiro, artista e activo militante polos dereitos e liberdades democráticas que nos negan día a día. O Estado ensañouse con el porque está organizado e, mediante a súa arte, exerce un importante labor de concienciación pero temos que asumir que este ataque vai dirixido cara a todos nós, o conxunto dos traballadores e demais sectores populares, cunha mensaxe moi clara: ”arruinarémosvos a vida e tedes prohibido protestar por iso”.

Somos realistas e non nos creamos falsas esperanzas. É unha situación complexa e sabemos que é difícil evitar o seu ingreso en prisión pero non é imposible e aí é onde nos aferramos para loitar pola súa liberdade. De feito, é posible porque ao longo da historia existen múltiples exemplos que demostran como a solidariedade pode conseguir vitorias. O último, por pór só un, é o caso de Jorge, que ía entrar en prisión por tentar impedir un desafiuzamento e grazas a esta conseguiuse que suspendesen a sentenza.

Cun potente movemento solidario, organizado ao redor duns principios mínimos como a amnistía total, poderíanse evitar moitos dos atropelos e reveses que o movemento popular estamos a recibir ou, polo menos, facer que estes non quedasen impunes. Pero este ten que ser un movemento real e que sexa capaz de mobilizar á xente. Non é suficiente coa solidariedade virtual, aínda que non está de máis, pero sabemos que o apoio ou a frustración expresados nas redes sociais non cambia nin cambiará nada. O único que evitará o seu ingreso en prisión é a presión nas rúas, facendo saber ao réxime que encerralo sairalles máis caro que se está fóra do cárcere. E ese é a única linguaxe que os opresores entenden. De nós e nós depende.

Por iso, desde a Plataforma Liberdade Pablo Hasel facemos un chamamento á mobilización contra o posible encarceramento de Pablo e animamos a utilizar todos aqueles medios e ferramentas para denunciar o caso, difundilo entre a nosa xente e tratar de impedir esta nova condena. Finalmente, tamén informamos de que a Plataforma organizaremos unha reunión o día 15 de febreiro ás 20h no Alberg Sant Anastasi (Lleida) para abordar os pasos a seguir de aquí en diante.

SÓ A SOLIDARIEDADE LEVADA AOS FEITOS É EFECTIVA!

LIBERDADE PABLO HASEL!

AMNISTÍA TOTAL!

Texto completo en: https://www.lahaine.org/fM8J