• Número 421
  • 11 de febreiro de 2019

Opinión - Julien Anchaing

Francia. Folga do martes 5: profundarase a converxencia entre os chalecos amarelos e o movemento obreiro?

Francia. Folga do martes 5: profundarase a converxencia entre os chalecos amarelos e o movemento obreiro?
Este martes manifestáronse preto de 300 mil persoas, ás que o goberno respondeu cun forte dispositivo de represión, acompañado dun enorme silencio mediático.

Máis de 300 mil persoas estiveron presentes nas rúas este martes en Francia, expresando un paso cualitativo nun primeiro exemplo de confluencia entre os chalecos amarelos e o movemento obreiro organizado, os “chalecos vermellos”.

A mobilización concentrouse sobre todo nas principais cidades, aínda que vimos volver aparecer na “Francia profunda” (rural) os bloqueos de rúa, o método inicial dos chalecos amarelos que expresaba máis unha dinámica cidadá e autoconvocada Empezando o día cunha gran acción común no mercado de Rungis con centos de chalecos amarelos, vermellos e de activistas, resaltaron varias expresións de solidariedade e de organización común en accións en Marseille, onde houbo 55 mil persoas na rúa, Toulouse, Paris e Bordeaux, onde se mobilizaron máis de 10 mil manifestantes.

Pola súa banda, o movemento estudantil organizou varias accións de loita a pesar da burocracia nas súas organizacións políticas. En Bordeaux, Toulouse, Nantes e París, certas facultades foron ocupadas en solidariedade ao movemento dos chalecos amarelos. A intervención do movemento estudantil ao momento da entrada do movemento obreiro organizado á loita aberta cos chalecos amarelos, pode ser unha moi mala noticia para o goberno.

Aínda que a xornada do 5 é un primeiro paso de unidade coa entrada dos sindicatos na loita aberta polos chalecos amarelos, non marcou un salto cuantitativo real en comparación ao que viñan sendo as mobilizacións sociais deses últimos meses, ofrece un camiño positivo para o cuestionamento dos límites do movemento.

En Caen, por exemplo, unha asemblea “amarela-vermella” estivo ao punto de organizarse, con todo un sector de chalecos amarelos defendendo slogans para unha folga indefinida coa finalidade de non caer na trampa das xornadas semanais típicas das estratexias derrotistas da CXT. Fronte a este risco, a dirección local da CXT aduciu un “problema técnico” imposibilitando o diálogo organizado entre os dous sectores e chamando recentemente a unha folga para marzo...

En Lille, a burocracia fixo unha manobra similar para impedir a organización dunha asemblea. Conscente da rifa interna existente contra a súa dirección, a burocracia sindical da CXT impediu unha maior confluencia entre chalecos amarelos, particularmente críticos e dinámicos, e unha parte da base crítica do sindicato.

As direccións sindicais esperaban unha xornada “testemuña da emerxencia social”. Os chalecos amarelos non dubidaron en encher as columnas sindicais, coa presenza mesmo de certas figuras públicas do movemento, como Eric Drouet. Aínda que a xornada do 5 de febreiro non chegou a representar unha marea de traballadores na rúa baixo a forma dunha folga xeral, si se expresaron elementos de auto organización e de coorganización de traballadores e de chalecos amarelos, mostrando como os métodos da clase traballadora poden ser unha solución real que permitiría saír da dinámica dos actos autoconvocados de cada sábado, cuestionando o poder capitalista na súa propia casa: o traballo.

http://www.izquierdadiario.es/Modificar-este-articulo-Modificar-este-articulo-FRANCIA-Huelga-del-5-2-se-profundizara-la-convergencia-entre-los-chalecos-amarillos-y-el-movimiento-obrero