• Número 421
  • 11 de febreiro de 2019

Loita social - Pensións

Comunicado para as mobilizacións do 2 de febreiro

Comunicado para as mobilizacións do 2 de febreiro
O máis probable será que as pensións empecen a perder poder adquisitivo a partir do ano próximo

As cousas seguen igual só uns pequenos avances. As nosas mobilizacións cambiaron un Goberno, moveron cadeiras, sacaron diñeiro de ande nos dicían que non había, fixeron aparecer formas un pouco máis agradables na política, pero no fondo todo segue igual. Á parte dos. Pequenos avances conseguidos o pasado ano e este en torno ao Índice de Prezos ao Consumo, hai pouco que contar.

O Goberno apraza 6 meses máis a decisión definitiva da revalorización das pensións de acordo co Índice de Prezos ao Consumo, máis coñecido polas súas siglas “IPC” ou "Custo da Vida” e parece ser que xa está prevista a negociación cos chamados “Axentes Sociais” para que esa subida non sexa de acordo co IPC~ senón tendo en conta varios factores; o crecemento económico, os ingresos e gastos, da Seguridade Social e o crecemento dos salarios. Dito doutro xeito se non o remediamos na rúa, podémonos esquecer da revalorización por Lei da pensión co IPC Real.

O máis probable será que as pensións empecen a perder poder adquisitivo a partir do ano próximo e mesmo volver á insultante subida do 0, 25 do Goberno do PP e a aplicar o factor de empobrecemento, mal chamado de sustentabilidade polo que se baixan as pensións por vivir máis tempo.

Grazas á presión constante na rúa, grupos políticos do Congreso conseguiron tirar atrás a primeira decisión do goberno e agora, ao validarse o Decreto Lei as pensións mínimas subirán un 22% en 2019. Pero só hai garantía para este ano.

As mulleres desexamos .avanzar na equiparación dos dereitos laborais e da seguridade social e proceder á ratificación do Convenio 189 da Organización Internacional do Traballo sobre traballo decente para traballadoras e traballadores domésticos,. Demandamos a derrogación nos Orzamentos Xerais do Estado da moratoria ata o 2024· do PP.

España estivo crecendo os últimos dez anos de crise ficticia entre un 2,5 e un 3% de Produto Interior Bruto, ou sexa, a riqueza de todo e pais, o que equivale a un incremento de 35.000 millóns de euros por ano. España gasta en pensións un l % do Produto Interior Bruto, mentres Francia gasta un 13,5% e Italia un 14%.

Saiba que temas unha diferenza de .menos por ingresos fjscais coa media da Unión Europea do 6% do Produto Interior Bruto, o que equivale a uns 80.000 millóns de euros menos de recadación. O gasto social en España está no 7% par baixo da media da Unión Europea. Tamén que a evasión fiscal española leva acumulados en paraísos fiscais a friorenta de 457.000 millóns de euros e a fraude fiscal rolda uns 90.000 millóns recoñecido polo propio Goberno. Iso por non mencionar a amnistía fiscal, as axudas á banca, ás autoestradas ás eléctricas ou ó Castor,  u por non falar da enxeñería financeira de bancos e empresas do IBEX35 para eludir impostos, ou a corrupción que campou e campa ao longo e ancho do país.

A COESPE non abandonará a rúa ata que se nos admita como interlocutores sociais e podamos negociar unha reforma do Sistema Público de Pensións para o futuro dos nosos fillos e netos.

INSISTIR PERSISTIR RESISTIR, NUNCA DESISTIR!

GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE!

MODEPEN