• Número 421
  • 11 de febreiro de 2019

Universidade

Asinado o acordo de gratificación por xubilación, falecemento, incapacidade e por coidado de fillos/as con diversidade funcional

11 de febreiro de 2019 | Agardabamos unha comunicación da Xerencia a todo o persoal anunciando, como fixo outras veces, o acordo asinado. O xerente, ocupado noutras cuestións, non fixo a comunicación institucional, iso si, o acordo está pendurado na páxina web da Universidade.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

11 de febreiro de 2019 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

Administración Autonómica

Reunión da Comisión de Persoal o vindeiro día 12 de febreiro

11 de febreiro de 2019 | Segundo se nos informa, o vindeiro día 12 de febreiro realizarase unha nova xuntanza da Comisión de Persoal que terá lugar ás 10:30 horas na Aula “Manuel Colmeiro” da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

CUT

Mobilizacións da Limpeza do Clínico contra Grupo Norte

11 de febreiro de 2019 | As compañeiras da Limpeza do Hospital Clínico de Santiago de Compostela decidiron establecer un calendario de mobilizacións ante a falta de resposta ás súas demandas por parte de Grupo Norte, actual adxudicataria do servizo. Dende o 24 de xaneiro, estanse a concentrar cada xoves na entrada do hospital.

CUT - Secretaría das Mulleres

8M. FOLGA DE MULLERES: "Todas con dereitos, ningunha con medo"

11 de febreiro de 2019 | Velaquí o noso cartaz para a Folga de Mulleres deste vindeiro 8 de Marzo!

Alternativas na Xustiza - CUT

Reiteración reunión sobre casuística de concurso de traslados: tomas de posesión e ceses

11 de febreiro de 2019 | Dende o día 17 de decembro AXG-CUT (con esta son xa 4 veces) solicitou unha reunión coa Dirección Xeral de Xustiza para aclarar as dúbidas interpretativas que poden xurdir con motivo da resolución do concurso de traslado e que afectarán tanto a funcionari@s titulares coma a funcionari@s interin@s.

Defende a Galega

38 venres negro na CRTVG

11 de febreiro de 2019 | O venres día 8, as traballadoras e traballadores da CRTVG realizaron o 38 venres negro, 38 semanas loitando contra a manipulación, o desmantelamento dos medios públicos de comunicación e contra a represión que a corporación esta a desenvolver contra as traballadoras que se significan nas mobilizacións reclamando os seus dereitos, reivindican, tamén, un servizo público ‬coa calidade que a cidadanía merece.

CUT - CRTVG

O Comité de Empresa da CRTVG denuncia irregularidades no desprazamento dun enviado especial a Venezuela

11 de febreiro de 2019 | A representación do persoal, nun comunicado que reproducimos, pide que se depuren responsabilidades e que se informe con veracidade do acontecido

CUT - CRTVG

Máis represión na CRTVG

11 de febreiro de 2019 | O Comité de empresa da CRTVG manifesta a súa indignación polo que considera outro caso de grave represalia o unha traballadora, unha vez máis pola súa participación activa nos Venres Negros e a súa significación pública na defensa da independencia dos medios públicos de comunicación de Galicia e a defensa da lingua.

Sanidade Pública

A sanidade galega: Enferma de enchufismo?

11 de febreiro de 2019 | A sanidade galega non atravesa o seu mellor momento, un feito que na Xunta de Galicia recoñeceron a todos os niveis. Con todo, a crise sanitaria non é o único que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo quixo ocultar a pesar de ser completamente imposible. Sobre o Servizo Galego de Saúde (Sergas) cérnese a sombra da dúbida acerca de contratacións irregulares, posibles enchufismos ou supostos casos de amiguismo.

Sanidade Pública

Denuncian na Fiscalía ao SERGAS por contratar médicos e pediatras sen o título legal

11 de febreiro de 2019 | A Asociación "O Defensor do Paciente" remitiu ao Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un escrito no que pon no punto de mira ao SERGAS. "A Xunta contrata pediatras e médicos de familia sen o título necesario, isto pon en risco aos pacientes", argumenta o colectivo nun correo electrónico remitido ao fiscal Fernando Suanzes, no que adxunta esta noticia publicada por Galiciapress.

Sanidade Pública

A asemblea de traballador@s dos PACs rexeitan a proposta presentada ao Comité de Folga o pasado martes polo SERGAS

11 de febreiro de 2019 | Os traballadores dos PACs da área de Coruña, tras reunirse en asemblea co resto de áreas de Galiza para valorar o Borrador da proposta presentado ao comité de folga o pasado martes queremos manifestar que:

Sanidade Pública

'Coa sanidade non se negocia'. Manifestación en Compostela de SOS sanidade pública

11 de febreiro de 2019 | As pacientes da sanidade pública están a vivir un ataque feroz aos seus dereitos máis elementais, a dignidade, a saúde, a vida digna. O esgotamento de recursos e profesionais dan lugar a unha rebelión dentro dos propios profesionais que, de xeito autoorganizado, vila por vila, están a mobilizarse e poñer na primeira plana da vida pública este verdadeiro atentado que pon en risco a vida mesma.

Laboral

DIA despedirá a 2.100 traballador@s no Estado

11 de febreiro de 2019 | A cadea española de supermercados DIA despedirá a «un máximo de 2.100» traballadores en España de DIA e a súa filial Twins Alimentación tras rexistrar unhas perdas de 352 millóns de euros o ano pasado e entrar en quebra técnica, xa que ten un patrimonio neto negativo de 166 millóns de euros, fronte aos 257,3 millóns positivos dun ano antes, segundo os resultados anuais presentados pola compañía.

Crise estafa

Vodafone en loita contra o ERE

11 de febreiro de 2019 | Os comités de empresa provinciais de Vodafone na Coruña e Pontevedra rexeitan o expediente de regulación de emprego (ERE) proposto pola multinacional, que implicaría a destrución do 25 % dos postos de traballo en Galiza.

Sentenza pioneira

Recoñécese a unha vítima de violación a incapacidade permanente absoluta por tensión post traumática crónica

11 de febreiro de 2019 | A afectación psicolóxica sufrida pola vítima dunha violación determina unha limitación funcional que lle impide levar a cabo calquera actividade laboral de forma eficiente e conforme aos mínimos requirimentos que son imprescindibles en calquera profesión. Así o estableceu a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León nunha pioneira sentenza (sentenza de 21 de novembro, Rec. 1405/2018

Oficina de Dereitos Sociais - Coia

Abanca castiga con comisións á clientela empobrecida

11 de febreiro de 2019 | Hoxe Abanca saca peito presentando os datos exercicio de 2018. Os seus beneficios ascenderon en 2018 até os 430 millóns de euros, un 17,3% máis que no ano anterior [1]. A entidade, herdeira das antigas caixas de aforros galegas, rescatada cos cartos de todas foi mercada por capital estranxeiro en 2013. Dende esa data nos petos de Juan Carlos Escotet, o seu propietario, non paran de entrar cartos [2].

CUT - formación

Xornada de formación para delegadas e delegados

11 de febreiro de 2019 | Preocupadas, como non podía ser doutro xeito, pola formación das mulleres e homes que representan ás traballadoras e ao sindicato nas empresas, realizamos varias sesións dedicadas a incrementar os coñecementos das delegadas e delegados en materia de normativa e desenvolvemento de situacións reais coas que se poden atopar no seu labor de representación.

Loita social - Pensións

Comunicado para as mobilizacións do 2 de febreiro

11 de febreiro de 2019 | As cousas seguen igual só uns pequenos avances. As nosas mobilizacións cambiaron un Goberno, moveron cadeiras, sacaron diñeiro de ande nos dicían que non había, fixeron aparecer formas un pouco máis agradables na política, pero no fondo todo segue igual. Á parte dos. Pequenos avances conseguidos o pasado ano e este en torno ao Índice de Prezos ao Consumo, hai pouco que contar.

CUT - Secretaría das Mulleres

Uviéu Encontro Sindicalismo e Feminismo

11 de febreiro de 2019 | Os días 2 e 3 de febreiro realizouse en Uviéu o “Encontro Sindicalismo e Feminismo”, sindicalismo de clase e feminista no que se xuntaron mulleres dos sindicatos, CGT, Intersindical, Suatea, LAB Sindikatua, STEILAS Euskal Herria, ESK Sindikatua, CUT Galiza, CUT Aragón, IAC Catalunya, Sindicato Ferroviario e Corriente Sindical d’Izquierda (Asturies).

Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC)

“A precarización do persoal investigador na universidade é máis que preocupante”

11 de febreiro de 2019 | A Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) anuncia mobilizacións para demandar a fin da “discriminación” salarial e laboral que sofre parte deste colectivo universitario. “Só pedimos que todas as persoas que teñen a mesma categoría profesional teñan garantidas as mesmas condicións laborais mínimas que xa recolle a normativa da USC”.

Loita obreira

“Nas ambulancias chove dentro”

11 de febreiro de 2019 | O sector das ambulancias denuncia situación de precaridade absoluta na que teñen que traballar e avisan de que irán a folga indefinidamente de non chegar a acordo

Solidariedade internacionalista

A Coruña con Venezuela. Pola soberanía dos pobos

11 de febreiro de 2019 | O pobo irmán da Venezuela está a sofrer un Golpe de Estado que ataca o goberno escollido nas urnas do Presidente Nicolás Maduro, que pretende destruír a Revolución Bolivariana e o seu proxecto de independencia e soberanía e que nós, desde a Galiza, rexeitamos frontalmente, firmemente, sen reticencias.

Xornalismo feminista

"A relaçom com as leitoras é parte fundamental para que o projeto tenha sentido"

11 de febreiro de 2019 | Falamos com a feminista Revirada após a saída de sua quarta edição O trabalho ou a vida? e em um momento de reflexão coletiva sobre o projeto. Nasceram em 2015 como uma necessidade dos seus criadores e hoje são uma das publicações de referência do movimento feminista na Galiza e no norte de Portugal e continuam a construir uma relação de colaboração e debate com os seus leitores.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa tramitou máis de 300 queixas da cidadanía galega por discriminacións e vulneracións de dereitos lingüísticos

11 de febreiro de 2019 | Case a metade das reclamacións (o 46%) refírense á administración pública, destacando entre elas as dirixidas aos concellos (36%), ao Servizo Galego de Saúde (12%) e á propia Xunta de Galiza (33%). “É alarmante que quen ten obriga de garantir o respecto dos dereitos lingüísticos da cidadanía encabece a lista de queixas, sendo non só cómplice destas actitudes senón promotora directa”, lamenta Marcos Maceira./p>

Sanidade Pública

Os traballadores votan seguir coa folga nas urxencias do SERGAS en Santiago

11 de febreiro de 2019 | Levan máis de 13 semanas reivindicando poder prestar o servizo con dignidade e hoxe decidiron seguir adiante, aínda que por unha marxe moi estreita. Os traballadores do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) rexeitaron este martes por 72 votos en contra e 64 favor a última proposta da xerencia sanitaria compostelá, polo que seguirán a folga.

Represión

Comunicado sobre o posible encarceramento de Pablo Hasel

11 de febreiro de 2019 | Ante este inminente golpe represivo, ás organizacións, colectivos e persoas a título individual verdadeiramente demócratas e antifascistas, expónsenos a necesidade de iniciar unha campaña para esixir a liberdade do noso compañeiro, artista e activo militante polos dereitos e liberdades democráticas que nos negan día a día.

Opinión - Julien Anchaing

Francia. Folga do martes 5: profundarase a converxencia entre os chalecos amarelos e o movemento obreiro?

11 de febreiro de 2019 | A chamada á xornada de folga realizada en Francia o 5/2 por un sector dos sindicatos parece dar un primeiro paso para unha converxencia entre chalecos amarelos e sectores sindicalizados. Este martes manifestáronse preto de 300 mil persoas, ás que o goberno respondeu cun forte dispositivo de represión, acompañado dun enorme silencio mediático.