• Número 421
  • 11 de febreiro de 2019

CUT - formación

Xornada de formación para delegadas e delegados

Xornada de formación para delegadas e delegados
Porque malia que estamos sempre cos pés na rúa, sabemos que formadas e formados somos máis fortes e eficaces na defensa dos nosos dereitos

Preocupadas, como non podía ser doutro xeito, pola formación das mulleres e homes que representan ás traballadoras e ao sindicato nas empresas, realizamos varias sesións dedicadas a incrementar os coñecementos das delegadas e delegados en materia de normativa e desenvolvemento de situacións reais coas que se poden atopar no seu labor de representación.

Desta volta a xornada realizámola o día 8 de febreiro en Redondela. Nesta ocasión continuamos con xornada, modificación substancial das condicións de traballo e extinción e suspensión do contrato. Porque malia que estamos sempre cos pés na rúa, sabemos que formadas e formados somos máis fortes e eficaces na defensa dos nosos dereitos