• Número 421
  • 11 de febreiro de 2019

Sanidade Pública

A sanidade galega: Enferma de enchufismo?

A sanidade galega: Enferma de enchufismo?
Supostos nomeamentos ou contratos irregulares compoñen o retrato oculto sobre o que sucede no interior da sanidade pública galega

A sanidade galega non atravesa o seu mellor momento, un feito que na Xunta de Galicia recoñeceron a todos os niveis. Con todo, a crise sanitaria non é o único que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo quixo ocultar a pesar de ser completamente imposible. Sobre o Servizo Galego de Saúde (Sergas) cérnese a sombra da dúbida acerca de contratacións irregulares, posibles enchufismos ou supostos casos de amiguismo .

Todo comezou en 2009 cando coa chegada de Feijóo á Xunta, o PP realizou a substitución dos principais mandos médicos e colocando a médicos presuntamente afíns ao PP para tomar o control do sistema sanitario galego e poder levar a cabo a súa política sanitaria. Este feito levou a que finalmente a Xustiza fose desmantelando esta operación co paso do tempo e en base unha conta pingas de sentenzas que desacreditan estes nomeamentos, como exemplo, o sucedido coa "oposición amañada" da xefatura de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP). Pero hai máis casos.

Un informe da Asociación Batas Brancas conclúe que a sanidade galega está hoxe baixo un “absoluto control político da xestión en todos os seus niveis, incluído o clínico, asistencial e docente”. Un control que, tal como denunciou no seu día Interviú, en ocasións conséguese mediante enchufismo de amigos e familiares de altos cargos, incluídos os dos conselleiros de Sanidade ou os parentes do propio presidente da Xunta.

DO PARENTESCO AO CARGO

O retrato feito pola desaparecida revista de Grupo Zeta pon cara a un 'quen é quen' dentro do sistema sanitario galego. Entre eses rostros está Manuel Bustamante, esposo da exconselleira de Sanidade, Rocío Mosquera que foi nomeado xefe de Cirurxía Xeral do CHUS. Finalmente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou o seu nomeamento dando a razón a un dos aspirantes por desvío "de poder" e "falta de motivación clamorosa". Repetiuse o proceso e Bustamante volveu ser elixido o posto.

Isauro Gómez negou ser amigo do ex xerente do CHOP e ex conselleiro de Sanidade, José Manuel González, pero a súa designación como xefe de Psiquiatría en detrimento do doutor Víctor Pedreira mobilizou ao Colexio de Médicos de Pontevedra a pedir a dimisión de González. A Xustiza acabou dándolle a razón a Pedreira.

Eloína Núñez, curmá do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, foi nomeada xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) en maio de 2009, durante o Goberno do bipartito PSdeG-BNG. En 2017 pasou a ser a xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Foi concelleira do PP de Ourense e segundo Interviú pasou por diversos cargos na sanidade galega durante os gobernos de Fraga.

"FRAUDE" NUNHA PRAZA DO CHUS

O BNG denunciou a pasada semana a convocatoria "fraudulenta" por parte do Sergas e da Consellería de Sanidade dunha praza de xefatura do servizo de Cirurxía Cardiovascular do CHUS e pediu a dimisión inmediata da xerente da EOXI de Santiago de Compostela, Eloína Núñez. Así mesmo, esixiu tamén a dimisión do titular do departamento de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a quen pedirá explicacións no Parlamento.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de 5 de outubro de 2018 publicaba o anuncio para a provisión da citada praza polo procedemento de avaliación colexiada e recollía nas bases da convocatoria (despois retiradas) entre elas a presentación dun proxecto técnico relacionado coa xestión do servizo, incluíndo un programa de obxectivos do mesmo, -cuantitativos e cualitativos-, seguindo as especificacións que se recollían no Anexo I da convocatoria. 

Tal e como explicou a portavoz parlamentaria de sanidade do BNG, Montse Prado, “a sorpresa foi maiúscula” cando ao ir consultar ese anexo os e as profesionais que querían postularse descubrían que xa contiña un proxecto técnico concreto redactado en primeira persoa en moitos dos seus apartados, incluíndo unha mención específica a un profesional e aos seus méritos que logo se presentaría á praza".

"O Sergas convocou unha praza sabendo de antemán a quen lla vai a dar o que, ademais de vulnerar a legalidade, supón un engano aos profesionais que pretendían optar a ese posto. Unha praza supostamente convocada en libre concorrencia non era máis que unha fraude que enmascaraba unha adxudicación a dedo”, recalcou Prado.

A líder nacionalista quixo deixar claro que non se trata dunha denuncia contra ningún profesional concreto. A denuncia vai contra a práctica do Goberno de Feijóo de nomear a dedo aos cargos de responsabilidade, “baixo o disfrace de pseudo-convocatorias públicas”, e cun obxectivo claro: “Colocar a persoas afíns e de confianza para aplicar a política de recortes e de privatizacións do PP que está a provocar unha deterioración alarmante da sanidade pública e mesmo pondo en risco o dereito á saúde dos galegos e das galegas”, explicou a deputada nacionalista.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, vacinándose no centro médico de San Caetano.

A área SANITARIA DE PONTEVEDRA, UN CASO ESPECÍFICO

O estudo da Asociación Batas Brancas céntrase na área sanitaria de Pontevedra xa que como indica "serve de exemplo do que está a ocorrer nas demais áreas de Galicia e por ser onde o propio ex conselleiro José Manuel González Álvarez que publicou este decreto foi o xerente nos anos 2009/2016 e o responsable da súa aplicación".

Segundo Batas Brancas, o ex conselleiro  relevou a 25 dos 35 xefes de Servizo ao seu cargo. O CHOP dispón de 35 especialidades médicas, 31 con rango de servizo e 4 con rango de sección. En ámbolos casos, os seus xefes son os máximos responsables da especialidade e dependen directamente da dirección asistencial. Das 35 xefaturas en 2018 só quedaban 3 nomeadas con anterioridade ao Decreto do 2005 (5,7%) e dos 32 restantes, 25 (78,1%) convocáronse despois da incorporación de José Manuel González Álvarez á xerencia e o resto están sen convocar e ocupadas “irregularmente”. Das convocadas só en 10 (40%) casos se presentou mais dun candidato", explican no seu traballo esta organización sanitaria.

Estas mesmas fontes aseguran que case no 100% das prazas convocadas, os candidatos elixidos son os mesmos que a xerencia elixiu para ocupalas provisionalmente, é dicir, os que xa foran elixidos a dedo "" pola dirección. 

"Destas 10 prazas en que se presentou máis dun candidato, naqueles casos nos que se recorreu o resultado do proceso selectivo ante os tribunais de xustiza (3 casos) ditáronse sentenzas firmes nas que se sanciona ao Sergas por ser adxudicadas de forma arbitraria, con ausencia de imparcialidade, desvío de poder e sen garantir os principios básicos de igualdade, mérito e capacidade, afirmando que non se perseguía a elección do candidato máis idóneo senón o máis afín. Chegando ao límite, que pode haber ata unha posible desobediencia ou desacato, por haber unha sentenza firme do TSX que segue sen ser executada", apunta a entidade.

Destes 35 xefes de especialidade que hai no CHOP, Batas Brancas indica que só 9 están "en situación legal". É dicir, compren os requisitos apuntados no decreto mencionado, tanto no sistema de acceso como de re avaliación. Isto leva a que, na actualidade, o 74% dos xefes de servizo do CHOP están “provisionais” e sen cumprir a lexislación vixente.

O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

O XERENTE DO SERGAS NÉGAO

Preguntado por se existe amiguismo na sanidade galega, o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, nega en declaracións a ConSalud esta clase de feitos e evita responder sobre polémicas como a elección de Eloína Núñez como xerente en dúas ocasións.

"Os profesionais que se incorporan ao sistema sanitario fano a través de OPE, con praza de carreira ou procedementos perfectamente regulados por tribunais con todas as garantías de confidencialidade e de transparencia,  é moi raro que teñan reclamacións neste sentido".

En canto ás acusacións que se verteron ao longo dos mandatos de Feijóo acerca da súa dobre intencionalidade na política sanitaria executada con ánimo de privatización da sanidade pública Fernández-Campa defende que as contratacións de servizos a centros privados realízanse mediante licitacións a través de vías ou procedementos abertos.

"Baseámonos na Lei de Contratos do Sector Público recíbense as ofertas das empresas e a través dese sistema contrátanse. Axustámonos á normativa de contratación da Administración pública e cumprimos cos criterios de transparencia ", sostén o máximo responsable do Servizo Galego de Saúde.

https://www.consalud.es/autonomias/galicia/la-sanidad-gallega-enferma-de-enchufismo_59833_102.html?fbclid=IwAR1C-rW1b2vMJIGhBdhtn4ru5MZsOpc4k85ARTw5mBp-WW9lduxvM0811nE