• Número 421
  • 11 de febreiro de 2019

Defende a Galega

38 venres negro na CRTVG

38 venres negro na CRTVG
A mobilización non vai parar!

O venres día 8, as traballadoras e traballadores da CRTVG realizaron o 38 venres negro, 38 semanas loitando contra a manipulación, o desmantelamento dos medios públicos de comunicación e contra a represión que a corporación esta a desenvolver contra as traballadoras que se significan nas mobilizacións reclamando os seus dereitos, reivindican, tamén, un servizo público coa calidade que a cidadanía merece.

O desprezo mostrado pola empresa nas reunións posteriores á folga, xunto coas represalias que adopta contra as traballadoras e traballadores non fan máis que acrecentar dia a día, semana a semana, o malestar da plantilla e con el a participación nas mobilizacións.