• Número 421
  • 11 de febreiro de 2019

CUT - CRTVG

O Comité de Empresa da CRTVG denuncia irregularidades no desprazamento dun enviado especial a Venezuela

Reiteración reunión sobre casuística de concurso de traslados: tomas de posesión e ceses
A representación do persoal pide que se depuren responsabilidades e que se informe con veracidade do acontecido

O Comité de Empresa da CRTVG denuncia as graves irregularidades cometidas pola canle pública na cobertura informativa do conflito venezolano, ao enviar un xornalista sen cumprir previamente coa solicitude de visado de traballo nos consulados deste país.

O enviado especial, que viaxou a Venezuela a semana pasada, foi retido ao seu regreso durante cinco horas no aeroporto de Caracas ao detectar as autoridades venezolanas a súa condición de xornalista e comprobar que non cumprira cos requisitos legais para desenvolver esta actividade prof esional en moitos país do mundo.

O comité de empresa considera unha irresponsabilidade dos xestores da CRTVG a decisión de enviar un traballador a un país en conflito sen garantir a súa seguridade persoal.

A representación legal do persoal da CRTVG solicitoulle hoxe á empresa explicacións sobre o sucedido e esixiu que se depuren as responsabilidades correspondentes.

O comité de empresa esíxelle á Directora de Informativos da CRTVG que non oculte esta grave irresponsabilidade do departamento de produción informando só parcialmente das circunstancias que motivaron a retención do compañeiro. Segundo o comité é intolerable que se terxiverse este feito con intencionalidade política para informar de xeito interesado sobre a situación que atravesa Venezuela

San Marcos, 7 de febreiro de 2019