• Número 421
  • 11 de febreiro de 2019

Alternativas na Xustiza - CUT

Reiteración reunión sobre casuística de concurso de traslados: tomas de posesión e ceses

Reiteración reunión sobre casuística de concurso de traslados: tomas de posesión e ceses
casuística concurso de traslado- toma posesión e ceses

Dende o día 17 de decembro AXG-CUT  (con esta xa son 4 veces) solicitou unha reunión coa Dirección Xeral de Xustiza para aclarar as dúbidas interpretativas que poden xurdir con motivo da resolución do concurso de traslado e que afectarán tanto a funcionarios titulares coma a funcionarios interinos. A modo de exemplo:

MANTEMENTO SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS

A Dirección Xeral vai permitir que @s traballador@s que están facendo unha substitución Vertical e que lle deron destino poderán continuar na substitución ???. Dende AXG-CUT defendemos que @s traballador@s continúen na substitución ata que se cubra polo titular coma se fixo outros anos.

PRAZAS DE NOVA CREACIÓN SERVIZO APOIO:

Que criterio se utilizará c@s traballador@s que obtiveron destino nas prazas de nova creación do Servizo de apoio para elixir???? escalafón, orde chegada,  experiencia   na  xurisdición.........

SUBSTITUCIÓNS CUBERTAS NO CONCURSO DE TRASLADO.

Cando  nun xulgado hai varias prazas cubertas por substitución, cal será a orde de cese????. Que pasa se algunha praza non se cubre de maneira efectiva porque a adxudicatario é un liberado Sindical???? Cal é o criterio para a súa cobertura???.

Estes son só algúns dos exemplos da casuística que se vai a dar coa toma de posesión no concurso de traslados. Para evitar interpretacións interesadas que permitan favorecer aos "amigos", ou incluso prexudicar a outros REITERAMOS A SUBDIRECTORA XERAL, quen se comprometeu en Mesa de Negociación con AXG-CUT a convocar esta reunión que cumpra co seu compromiso.

En Galicia a 5 de febreiro de 2019