• Número 420
  • 04 de febreiro de 2019

Universidade de Compostela

Escrito enviado a Xerencia sobre o control horario

Escrito enviado a Xerencia sobre o control horario
A aplicación do control horario na USC está a provocar queixas d@s traballador@s

Sr. Xerente da USC,

A Xunta de Persoal funcionario, ante a precipitación coa que se estableceu o sistema de control horario en modo de proba, a cantidade de incidencias que xenera de cara ao funcionamento dos servizos e os dereitos das persoas traballadoras, a escasa flexibilidade que permite,

SOLICITA

o   Reunirse coa xerencia para tratar as incidencias e problemática que se están a dar, tanto nos servizos como nos dereitos das persoas, sen agardar a que se cumpran os 3 meses de proba, como xa solicitamos en escrito do día 22 de xaneiro, no que solicitamos reunión para tratar varios temas.

o   Negociar unha flexibilidade real, como tamén solicitamos no mesmo escrito.

o   A SUSPENSIÓN DA DATA PROPOSTA PARA A IMPLANTACIÓN DEFINITIVA NO SISTEMA DE CONTROL, MENTRES NON SE SOLUCIONEN AS INCIDENCIAS, SE NEGOCIE UNHA VERDADEIRA FLEXIBILIDADE E SE GARANTICE QUE O SISTEMA DE REXISTRO E CONTROL HORARIO SE FAGA AO MESMO TEMPO PARA TODO O PERSOAL DA USC, INCLUÍNDO PDI E CAPÍTULO VI.

USC, 24 de xaneiro de 2019

Xosefina Rosa Guitián Lema,