• Número 420
  • 04 de febreiro de 2019

Sanidade Pública

"Os médicos non consentiremos que se siga acumulando pacientes en corredores"

"Os médicos non consentiremos que se siga acumulando pacientes en corredores"
O persoal de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago opta por votar en urna o martes día 5 de febreiro se aceptan a última proposta da xerencia e finalizan a folga ou a rexeitan.

Os traballadores do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) optaron finalmente por votar en urna o martes día 5 de febreiro se aceptan a última proposta da xerencia e finalizan a folga ou a rexeitan. Así o confirmaron fontes do comité de folga, que puntualizaron que a xornada de votación o martes desenvolverase entre as 8,00 e as 16,00 horas. Ademais, manteñen a concentración como todos os luns no Hospital Clínico.

O presidente da Comisión de Especializada, Camilo Agulleiro, confirmou que a asemblea reunida este venres a partir das 13,00 horas optou finalmente pola votación en urna.

A portavoz de O'Mega, Fátima Nercellas, asegurou, pola súa banda, que a "folga continúa" no servizo de Urxencias. Sobre a proposta da xerencia compostelá, lamentou que "para os médicos non dá nada", xa que inclúe "estabilidade a dous contratos".

"O mantemento de 10 sitios de observación pechados implica que se seguirán acumulando pacientes en corredores, cousa que non consentiremos os médicos", advertiu a representante do sindicato O'Mega.

O martes celebrarase o proceso de votación de 8,00 a 16,00 horas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago como sucedeu na anterior ocasión coa proposta de decembro.

Para o comité de folga, o último documento supón "un avance" con respecto á anterior exposta en decembro, pero admite que "non cobre" as súas reivindicacións.

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/84770-medicos-consentiremos-se-siga-acumulando-pacientes-corredores