• Número 420
  • 04 de febreiro de 2019

Universidade

Resumo do Consello de Goberno do día 30/01/2019

04 de febreiro de 2019 | O pasado día 30 realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno, asistimos a estas reunións do órgano de goberno, como facemos habitualmente, para manifestar tanto ao equipo de goberno da universidade como ao resto da comunidade universitaria os asuntos que para o colectivo de PAS son máis importantes.

Universidade

Conflito Colectivo pola negativa institucional a incrementar o salario do persoal de proxectos e convenios

04 de febreiro de 2019 | No último Claustro realizado o pasado 14 de decembro, notificamos a presentación dun Conflito Colectivo pola decisión da Universidade de non facer efectivo, @s compañeir@s de proxectos e convenios, o incremento salarial establecido nos Orzamentos Xerais do Estado 2018, requirindo que se lles recoñecese o dereito.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 18 a 19:30 horas

04 de febreiro de 2019 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18 até as 19:30 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT - Secretaría das Mulleres

A CUT, o Sindicato Labrego e o Sindicato Ferroviario convocan folga de 24 horas para o vindeiro 8 de Marzo só para mulleres

04 de febreiro de 2019 | A Central Unitaria de Traballadoras, O Sindicato Labrego Galego e o Sindicato Ferroviario-Intersindical rexistraron onte na Consellería de Traballo da Xuntade Galicia o preaviso de convocatoria de folga de 24 horas para o vindeiro 8 de marzo, tal e como fixeran as tres organizacións sindicais o ano pasado seguindo o mandato dos movementos feministas.

Universidade de Compostela

Escrito enviado a Xerencia sobre o control horario

04 de febreiro de 2019 | O Comité Intercentros na súa reunión do día 21 de xaneiro, ante as numerosas solicitudes de información, queixas e incidencias que está recibindo, acordou trasladarlle á xerencia as seguintes consideracións con respecto á posta en marcha do período de proba do control horario:

Universidade de Compostela

Escrito enviado á Xerencia sobre ocontrol horario

04 de febreiro de 2019 | A Xunta de Persoal funcionario, ante a precipitación coa que se estableceu o sistema de control horario en modo de proba, a cantidade de incidencias que xenera de cara ao funcionamento dos servizos e os dereitos das persoas traballadoras, a escasa flexibilidade que permite,

Administración Autonómica

O DOG publica o Acordo de concertación

04 de febreiro de 2019 | No DOG do luns 28/01/2019 publícase a “ORDE do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación”, asinado entre Goberno do PP en Galiza, CCOO e UGT.

CUT - Citroën

A CUT tiña razón...

04 de febreiro de 2019 | Durante a campaña electoral das eleccións a Comité de Empresa recentemente realizadas a CUT denunciou que a empresa pretendeu inflar o censo con persoal, cadros, que non correspondía incluír nas listaxes, en concreto presentamos catro laudos.

Alternativas na Xustiza - CUT

Reiteramos a solicitude da convocatoria da Comisión paritaria de interinos

04 de febreiro de 2019 | No día de hoxe AXG-CUT reitera a convocatoria urxente da Comisión paritaria de interinos coa presentación do seguinte escrito:

CUT - CRTVG

Xuntanza Intercentros/empresa postfolga

04 de febreiro de 2019 | Esta mañá tivemos a agardada xuntanza coa empresa para abordar temas pendentes da folga. A orde do día era moi extensa pero, basicamente, converteuse nun pasimisí de temas sen grandes avances, así que iremos ao gran.

Defende a Galega

Venres negro 37 na CRTVG

04 de febreiro de 2019 | @s traballador@s da CRTVG seguen mobilizándose todos os venres, este foi o 36, para reivindicar uns medios públicos de comunicación ao servizo da sociedade e non de quen goberne en cada momento na Xunta, tamén para protestar contra o desmantelamento progresivo que o PP está a realizar na radio e televisión de Galiza. Esencialmente por estes motivos, desde hai oito meses, na CRTVG os venres son negros, @s traballador@s realizan a súa actividade cotiá vestd@s de negro para evidenciar publicamente as súas reivindicacións.

Sentenza pioneira

O TSXC declara nulo o despedimento dunha traballadora con cancro de útero

04 de febreiro de 2019 | Nunha sentenza “pioneira en Cantabria e nova no resto de España”, o Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria (TSXC) declarou nulo o despedimento dunha traballadora con cancro de útero. O TSXC anulou así a sentenza de instancia e constituíu doutrina con respecto a “concretar e aclarar os conceptos” de despedimento por razón de discapacidade e por razón de enfermidade, manifestou o despacho santanderino JM Ruiz Avogados, defensor da traballadora

Laboral

O TXUE corrixe ao Supremo: as empresas deben rexistrar a xornada laboral

04 de febreiro de 2019 | As empresas españolas teñen a obriga de implantar un sistema de cómputo da xornada laboral efectiva que realiza o seu persoal co obxectivo de comprobar que se cumpre o horario de traballo e rexístranse adecuadamente as horas extraordinarias.

Loita social - Contra a especulación urbanística

A longa batalla de Elviña. Elviña non se vende!

04 de febreiro de 2019 | San Vicenzo de Elviña leva décadas enfrontando un urbanismo depredador acubillado pola necesidade de crecemento da cidade da Coruña que deu as costas á súa identidade e ás persoas que habitan nela.

Loita social

Comunicado da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME)

04 de febreiro de 2019 | A finais do ano 2015 tres entidades –AGAMME, Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo e o Grupo de investigación Antígona, da UAB- viaxamos ao Parlamento Europeo para presentar unha demanda contra o estado español por non dar cumprimento á directiva europea de loita contra a violencia sexual na infancia.

Universidades

Dous estudantes denuncian á UB por suplantar persoal de administración con bolseiros

04 de febreiro de 2019 | As denuncias poñen ao descuberto a fraude de lei que realiza a UB ao utilizar contratos de formación nos que os bolseiros desempeñan traballos estruturais sen recibir formación.

Loita social - Oficina de Dereitos Sociais - Coia

Núñez Feijóo pasará a cobrar a RISGA mentres a Xunta non publique o decreto

04 de febreiro de 2019 | O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vai cumprir un propósito que fixo a pasada Noitevella. No mes de febreiro de 2019 vai renunciar ao soldo que ten asignado, é dicir, a 80.818,23 € ao ano. Como únicos ingresos contará coa RISGA. Con este xesto, o presidente galego quere amosar a súa solidariedade cos miles de fogares galegos que están en risco de pobreza (un 18,7% das galegas segundo as estatísticas) e que levan anos agardando por facer da RISGA un verdadeiro dereito.

Sanidade Pública

"Os médicos non consentiremos que se siga acumulando pacientes en corredores"

04 de febreiro de 2019 | O persoal de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago opta por votar en urna o martes día 5 de febreiro se aceptan a última proposta da xerencia e finalizan a folga ou a rexeitan.

Solidariedade internacionalista

Vigo mobilízase “contra o golpe de estado en Venezuela”

04 de febreiro de 2019 | Desde GalizaContrainfo falan con Martín Pacheco, cónsul de Venezuela en Vigo, na concentración internacionalista contra a nova tentativa golpista da oposición venezolana e as inxerencias imperialistas na política desta república latinoamericana.

Sanidade Pública

As deficiencias na pediatría "estoupan" no norte: falta de médicos, longas viaxes e remendos "voluntarios"

04 de febreiro de 2019 | O déficit de pediatras aséntase como un grave problema (outro máis) da sanidade en Galicia. Xa nos últimos meses, a ausencia de especialistas provocou protestas en diferentes localidades e barrios das cidades.

Lingua - A Mesa Pola Normalización Lingüística

A Mesa reclámalle á Xunta que atenda o informe preliminar da ONU sobre as vulneracións dos dereitos lingüísticos en Galiza

04 de febreiro de 2019 | A Real Academia Galega é unha das seis entidades fundadoras da rede de academias, institutos lingüísticos ou centros de investigación en linguas minorizadas e minoritarias cuxo protocolo de colaboración se presentou a pasada semana en Iruña.

Sentenza

Un tribunal do Social considera accidente laboral a tensión xerada por un “incómodo ambiente de traballo”

04 de febreiro de 2019 | O maxistrado titular do Xulgado do Social 8 de Bilbao, José María Labado Santiago, fallou unha sentenza na que considera como accidente laboral dun traballador o “incómodo ambiente de traballo” xerado dentro da súa empresa cara á súa persoa e que tiveron a súa orixe nas reclamacións salariais e de categoría que este expuxera.

Recursos feministas

Protocolo para a prevençom e abordagem das violências machistas nos movimentos sociais

04 de febreiro de 2019 | Apresentamos a nova seçom “Recursos feministas” na web Revirada que tem como objectivo ser um espaço de referência para todas as interessadas no pensamento, açom e reflexom feminista.

Opinión - Francisco Javier González

O imperio gringo dita a súa LEGALIDADE

04 de febreiro de 2019 | Venezuela - escribe Francisco Javier González - está nunha complicada e crucial encrucillada que merece a pena analizar detidamente o que comporta máis dun artigo. Empezo por situar, desde a miña óptica, a raíz do problema (...).