• Número 420
  • 04 de febreiro de 2019

CUT - Citroën

A CUT tiña razón...

A CUT tiña razón...
Todo camiño se inicia cun primeiro paso. Na CUT xa levamos uns cantos

Nas eleccións sindicais celebradas fai uns meses, unha das preocupacións da CUT, foi acadar unhas condicións mínimas de liberdade á hora de exercer o dereito ao voto. Unhas eleccións SEN MEDO.

Queriamos unhas eleccións libres. E vista a reacción de algún dos integrantes do sindicato maioritario durante as votacións parece que o acadamos.

Presentamos reclamacións perante a mesa electoral central e catro laudos na Xunta de Galicia.

Un deses laudos era pola inclusión de 188 cadros no censo electoral, 188 persoas que ían participar na decisión da composición do Comité de Empresa, un Comité de Empresa que nin coñece nin negocia as condicións dos cadros. 184 persoas que como persoal de confianza da Dirección seguramente votaron ao sindicato de confianza da Dirección.

Dicimos 184 porque grazas ao laudo da CUT 4 persoas relevantes quedaron fóra:

o   Juan Antonio Muñoz Codina: Director Industrial de PSA en Europa

o   Óscar Fernández: Director da planta de PSA Madrid

o   Jose María Castro Covelo: Director da planta en Mangualde

o   Álvaro García Escobar: Director de RR.HH. de Mangualde.

Non conseguimos o 100% que pediamos, pero mudar décadas de “sempre se fixo así” leva o seu tempo.

A Dirección tan acostumada a ter a razón, impugnou o laudo no xulgado.

E o Xuíz da a razón á CUT en contra da Dirección. O laudo é firme e a decisión inamovible, non cabe recurso.

Anulada a sanción a un afiliado da CUT, nas portas do xulgado a empresa retira a sanción de 7 días de salario, que lle fóra imposta no ano 2017 por desfrutar dun día de libre elección (días de montaxe), o capricho da Dirección de negarlle o día no último momento motivou a imposición desa sanción da que agora a empresa se retracta.

28 de xaneiro de 2019

Cambios no calendario de xeito unilateral

No día de hoxe telefonicamente o departamento de persoal ven de comunicarnos que declara unilateralmente laborable o vindeiro Domingo 3 de Febreiro para a quenda de noite.

Como lle debe constar a vostede. a lexislación laboral establece que as modificacións horarias deben de comunicarse con alo menos 5 días de antelación, así como con 3 días as horas complementarias exixidas a realizar polo empresario nos contratos a tempo parcial.

Este cambio no calendario da carácter unilateral. non se ampara na legalidade vixente. nin goza do respaldo da representación legal dos traballadores/as (cando menos cos que representamos á CUT). E afecta a conciliación da vida familiar e laboral, así como ten afectación nos descansos establecidos nesta quenda.

Instamos a esa Dirección que cumpra coa legalidade vixente. en aras de evitar acudir a outras instancias. respecte o calendario establecido. e convoque un comité de carácter urxente para dar as explicacións oportunas.

Sen outro particular e para que así conste aos efectos legais oportunos.

En Vigo, a 31 de Xaneiro do 2019