• Número 420
  • 04 de febreiro de 2019

Universidade

Resumo do Consello de Goberno do día 30/01/2019

Resumo do Consello de Goberno do día 30/01/2019
Unha nova reunión do Consello de Goberno con polémica

O pasado día 30 realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno, asistimos a estas reunións do órgano de goberno, como facemos habitualmente, para manifestar tanto ao equipo de goberno da universidade como ao resto da comunidade universitaria os asuntos que para o colectivo de PAS son máis importantes.

Desenvolvemento da sesión:

Orde do día

Punto 3. Contratos e convenios.

Detectamos que neste capítulo, nos convenios específicos contemplábase:

“12.

880/2018

CONVENIO ENTRE A UDC E A FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA (FUAC) POLA QUE SE DELEGA NESTA ÚLTIMA A XESTIÓN ECONÓMICA DO TÍTULO PROPIO MESTRADO EN PROMOCIÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE E EN ADESTRAMENTO ADAPTADO A PATOLOXÍAS”

A este respecto reiteramos o que sinalamos habitualmente cando se produce unha encomenda de xestión manifestando a nosa oposición á externalización de labores que consideramos propias. Reclamamos, unha vez máis, que estas funcións retornen aos servizos propios da universidade e votamos en contra desta convenio.

Na discusión posterior o secretario xeral manifestou que a FUAC é un órgano propio da institución, totalmente público e que a xestión non sempre se ten que realizar por persoal funcionario. O persoal da FUAC é persoal laboral, persoal co que a universidade ten que contar.

En resposta sinalámoslle que, na universidade tamén hai PAS laboral, que o que se require é a integración da FUAC. (Xa noutras ocasións rexeitamos a súa existencia, non aceptamos a pervivencia dun “chiringuito” no que as traballadoras e traballadores non teñen os mesmos dereitos que os da propia institución e ao que se derivan actuacións que, tendo cabida na órbita institucional, non están suxeitas ao control do Servizo de Intervención. Todo isto, salvagardando os dereitos das traballadoras e traballadores que hoxe realizan as funcións na FUAC).

Punto 5. Aprobación dos regulamentos de CITEEC e CICA.

Retírase da orde do día á espera do regulamento que a Xunta de Galiza está a elaborar para estes centros, coa finalidade de non regular aspectos que entren en contradición co que elabore a Xunta de Galiza.

12. Quenda aberta de intervencións

Esiximos que se cumpra o asinado no ano 2015 que establece, neste caso que:

No primeiro trimestre do ano 2018 realizarase a oferta e convocatoria das siguientes:

o   A promoción interna das restantes prazas das subescalas especiais, agás as de laboratorio

o   25 prazas da escala xeral C1 a A2

o   7 prazas da escala A2 a A1

Un ano despois do que se debería ter convocado, a día de hoxe, 30 de xaneiro de 2019 o compromiso aínda non se levou a efecto.

Resposta do xerente.

En próximos días remitiranse as convocatorias e temarios á Xunta de Persoal, coa convocatoria de reunión para debatelos.