• Número 420
  • 04 de febreiro de 2019

Universidade

Conflito Colectivo pola negativa institucional a incrementar o salario do persoal de proxectos e convenios

Conflito Colectivo pola negativa institucional a incrementar o salario do persoal de proxectos e convenios
Un conflito que se deberá substanciar pola vía da reivindicación sindical

No último Claustro realizado o pasado 14 de decembro, notificamos a presentación dun Conflito Colectivo pola decisión da Universidade de non  facer efectivo, @s compañeir@s de proxectos e convenios, o incremento salarial establecido nos Orzamentos Xerais do Estado 2018, requirindo que se lles recoñecese o dereito.

En concreto sinalamos:

Non podemos rematar a nosa intervención sen lembrar que a Universidade négase a incrementar o salario do persoal de proxectos e convenios nas mesmas cantidades que as establecidas para o PAS e o PDI e que se contemplan na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2018. Parécenos unha discriminación intolerable e un incumprimento dunha lei que de non variar a posición da Institución se terá que substanciar  nos xulgados.

Requirimos que o equipo de goberno reconsidere a posición adoptada e que proceda ao incremento sinalado.

Agora a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de ditar sentenza na que establece:

“Desestimando la demandada interpuesta por la Federación de empleadas y empleados de los Servicios Públicos de la Unión General de Trabajadores contra la Universidad de A Coruña, a la cual se han adherido el Sindicato Nacional de Comisiones Obreras, la Confederación Intersindical Galega y la Central Sindical Independiente–Central Sindical Independiente de Funcionarios, se absuelve a la demandada de todos sus pedimentos. Sin costas.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Se advierte a las partes que contra la presente resolución podrán interponer Recurso de Casación ante el Tribunal Supremo...”