• Número 420
  • 04 de febreiro de 2019

Alternativas na Xustiza - CUT

Reiteramos a solicitude da convocatoria da Comisión paritaria de interinos

Reiteramos a solicitude da convocatoria da Comisión paritaria de interinos
REITERAMOS a convocatoria da Comisión Paritaria e así evitar os problemas de interpretación nos ceses e así evitar recursos

No día de hoxe AXG-CUT reitera a convocatoria urxente da Comisión paritaria de interinos coa presentación do seguinte escrito:

DIRECCION XERAL DE XUSTIZA

RUA MADRID 2-4, 2° Andar (EDIFICIO EGAP)

15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado 17 de decembro dende AXG-CUT solicitamos a convocatoria da Comisión paritaria Autonómica de funcionario interinos para tratar dous asuntos que consideremos importantes e urxentes:

o   Aclarar numerosas dúbidas interpretativas nos chamamentos e ceses como consecuencia da entrada en vigor da orde de 4 de outubro sobre selección e nomeamento de persoal interino ...

o   Ditar instrucións claras para o cese de funcionarios interinos con motivo do concurso de traslado que se vai resolver.

Na reunión da Comisión paritaria do pasado día 8 de xaneiro a Subdirectora Xeral, Dolores Madrid, comprometeuse a convocar unha nova reunión para tratar os puntos solicitados por AXG-CUT.

Ante a proximidade da resolución do concurso de traslado, primeira quincena de febreiro, e a apertura da bolsas de funcionarios interinos, data probable mes de febreiro, dos carpos de Xestión Procesual, Tramitación Procesual e Auxiliares Xudiciais REITERAMOS a convocatoria da Comisión Paritaria e así evitar os problemas de interpretación nos ceses e así evitar recursos.

En Galicia a 29 de xaneiro de 2019

Asdo Pablo Valeiras Ríos

{Responsable de AXG-CUT)