21/06/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A incoherencia instálase na UDC. Xa vos dixemos que o día 16 de agosto, o Comité de Empresa mantivo unha reunión co reitor e coa xerenta. Nesa reunión, e para xustificar a imposibilidade de ampliar a RPT, aduciron o principio de austeridade (non hai cartos e, polo tanto, resulta imposible ir a un incremento de efectivos superior ao que se propón, 38 prazas).
Xa vos indicamos que no pasado Consello de Goberno autorizouse o incremento de 7 prazas de PDI, fóra de POD (5 seguras e 2 á espera dun recurso). Aquí o principio de austeridade esqueceuse.
O PAS precisa unha verdadeira alternativa de esquerda que faga as transformacións que, no seu día confiabamos que ía realizar este equipo reitoral, que remate cos privilexios que detentan algúns, que remate co pesebrismo (favores outorgados polo feito de ser incondicionais) e que faga da Institución un lugar onde os dereitos dos sectores que a formamos se respecten como corresponde.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript