A incoherencia instálase na UDC. Xa vos dixemos que o día 16 de agosto, o Comité de Empresa mantivo unha reunión co reitor e coa xerenta. Nesa reunión, e para xustificar a imposibilidade de ampliar a RPT, aduciron o principio de austeridade (non hai cartos e, polo tanto, resulta imposible ir a un incremento de efectivos superior ao que se propón, 38 prazas).
Xa vos indicamos que no pasado Consello de Goberno autorizouse o incremento de 7 prazas de PDI, fóra de POD (5 seguras e 2 á espera dun recurso). Aquí o principio de austeridade esqueceuse.
O Consello Galego de Universidades (CGU) coñeceu o día 28 as liñas básicas para a elaboración do novo Plan de finanzamento 2011-2015 do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
As universidades galegas, na cola da listaxe de impacto das web: Vigo cae ó 380 e USC e UDC soben ós 383 e 451.
"A posición no ránking resume o rendemento global da Universidade en docencia, investigacióne transferencia, achega información para estudantes ou profesores e reflicte o compromiso académico coa diseminación do coñecemento científico", en palabras do responsable do Laboratorio de Cibermetría, Isidro Aguillo, cando deu os datos de xaneiro.
Se o sector financeiro só pode ser rescatado recortando seguridade social, atención sanitaria e educación, por que o imos rescatar?

A patronal conseguiu que o goberno volva modificar as razóns do despedimento, xa era prexudicial, cada vez que lle tocan empeórana. No paso do primeiro borrador que coñecemos ao texto que finalmente presentou o goberno aos axentes sociais xa houbo unha volta de rosca. Aínda se endureceu máis cando se converteu en decreto, e agora tivo un último e definitivo xiro á dereita no trámite parlamentario.

Últimas convocatorias de prazas nas Universidades da Coruña, Santiago e de Vigo.
As ruas de Compostela foron testigo, unha vez máis, da nosa reclamación de que se faga a folga xeral xa!. Pensamos que hai razóns demáis para convocala.
Fixemos esta nova mobilización para mostrar a nosa oposición ás reformas do sistema capitalista, reformas que non pretenden outra cousa que reformular o sistema de cara unha explotación maior da clase traballadora. Como vimos facendo nos últimos dous anos, dixemos ben alto que o proletariado galego non vai tragar con esta situación, e preguntámonos novamente onde están os que din defender os intereses dos traballadores e traballadoras galegas.
Galicia sitúase así como a segunda comunidade onde máis aumentou o desemprego. O paro incrementouse nun 18% nos últimos doce meses, só superado por Madrid cun 21%.
O feito de que aumente o número de familias que teñen a todos os seus membros en paro é un feito relevante e manifesta a precarización absoluta á que está sometida a clase traballadora.
Os veciños de Elviña-Castro afectados polo proceso de expropiacións para a construción da futura residencia universitaria da Coruña acudiron onte ao edificio da Xunta na cidade para intentar pecharse no despacho do Delegado provincial, Diego Calvo, ao que esixen que paralice o desaloxo de dúas familias, que está previsto para dentro duns quince días.
Compénsalle á Universidade a ampliación a custa do ámbito humano facendo as cousas custe o que custe?. Porque non actúa de mediador diante da Xunta?
Agardamos a resposta da Universidade á proposta de consenso da RPT.
CONVOCATORIAS:
Convocatoria de Telefonistas (NOVIDADE)
Convocatoria de Técnicos Especialistas en Informática
Correción de erros na convocatoria de Aux. de Servizo
Correción de erros na convocatoria de Conserxes
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript