Agosto de 2010
 
 

02/08/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Austeridade?

 

A incoherencia instálase na UDC. Xa vos dixemos que o día 16 de xullo, o Comité de Empresa mantivo unha reunión co reitor e coa xerenta. Nesa reunión, e para xustificar a imposibilidade de ampliar a RPT, aduciron o principio de austeridade (non hai cartos e, polo tanto, resulta imposible ir a un incremento de efectivos superior ao que se propón, 38 prazas en 5 anos).

 

 

Xa vos indicamos que no pasado Consello de Goberno autorizouse o incremento de 7 prazas de PDI, fóra de POD (5 seguras e 2 á espera dun recurso). Aquí o principio de austeridade esqueceuse.

Esquécese noutros moitos comportamentos deste equipo reitoral que escatima no esencial e malgasta no superfluo.

Como exemplo sirvan dúas actuacións moi recentes, algunha delas en execución, na propia Reitoría:

Recentemente cambiouse a moblaxe (mesas e cadeiras), na práctica totalidade dos casos innecesariamente  nos servizos de:

Intervención.

Organización Académica.

Persoal

Xestión Financeira.

Investigación.

Asesoría Xurídica

A outra actuación, en marcha, refírese á remodelación da nova Sala de Prensa, (chamada popularmente entre o PAS como “sala capricho”, polo que nos parece a todos/as que é). Esta sala comezouse a preparar fai anos, logo de múltiples remodelacións púxose en marcha fai apenas un mes ao cabo do cal xa volven a traballar nela cunha importante obra, rebaixar a tarima.

Señor Reitor, señores e señoras do equipo de goberno, o principio de austeridade, de explicitarse como criterio para restrinxir o acceso, neste caso ao incremento de prazas na RPT de PAS laboral, debe ser o eixo de funcionamento de todas as políticas no resto da vida universitaria. Non se pode aplicar segundo a quen lle afecte, de ser deste xeito, que como vemos está a suceder, realízase unha discriminación intolerable.

Non son vostedes moi diferentes, neste caso, aos seus predecesores. Seguen aplicando aquela política de: “ao amigo o máis conveniente e, todo o resto, a lexislación vixente”.

Despois de todo isto temos que dicir que as reclamacións máis importantes do PAS laboral non terían apenas incremento no gasto:

A eliminación das ETT’s, incluíndo os postos de traballo na RPT, non suporía incremento económico algún posto que xa se están pagando.

Reflectir na RPT as xefaturas de servizo que hoxe desempeña algún PAS e moito PDI non debería ter custo adicional posto que xa, tamén, se paga a esta xente con complementos (se mirades no Convenio, o Arquitecto Xefe do Servizo, a única praza de xefatura que quedaría na RPT cobra uns 190 € ao mes máis que un Técnico Superior).

A Xunta transfire "relixiosamente", non podía ser doutro xeito sendo do PP, os cartos do plan de financiamento. Onde van a parar os aforros derivados da rebaixa salarial do 5%?

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript