Os PACs en pé de guerra. “Lembrámoslle ao SERGAS que seguiremos mentres non se atendan as nosas peticións”

O pasado venres día 18 atopámonos coa
noticia de que se chegou un acordo cos xefes de servizo da área de Vigo
cun plan de choque que descoñecemos, pero que nos alegra que satisfaga
as necesidades desa área en concreto, aínda que non debemos de esquecer
que as necesidades son similares en todas as áreas de Galicia.
Satisfainos ler que se comprometen a consolidar o emprego cunha Ope de
108% das prazas vacantes, aínda que non entendemos porque non se fixo
nas anteriores ofertas públicas de emprego de polo menos estes 3 últimos
anos de recuperación da crise.
Esperamos Próximas Opes con creación de novas
prazas, nas mesmas condicións que as existentes na actualidade, e se é
posible con prazas suficientes para completar e aumentar os equipos da
PAC .
Na mesma noticia fálase que se pediu que se atendan
as peticións dos PACs, ao que ao Sr Almuiña o único que lle preocupou é
dicir que nos chamaron para formar parte dos equipos de traballo do novo
modelo, como sempre nos decatamos antes pola prensa que de ser
convocados.
Temos que lembrarlle ao sr conselleiro, que do
mesmo xeito que estes xefes de servizo, nós formamos parte da Atención
primaria, e que como os centros de saúde, soportamos unha gran
sobrecarga, que abarcamos a atención de varios centros, que a pesar de
ser o persoal mínimo necesario para dar unha continuidade á asistencia
da poboación, en moitas ocasións traballamos baixo mínimos pola non
cobertura de ausencias , que a miúdo temos que deixar desatendida á
poboación para cubrir traslados e atención domiciliaria. Tendo en conta
que levamos case un ano demandando unha mellora nas condicións laborais
e no cumprimento do noso pacto, non entendemos como unha vez máis se nos
deixa fóra de “ esas melloras” , e seguimos sendo os últimos en cola, e
como o noso comité de folga non foi convocado nin unha soa vez nestes
case 4 meses de folga , 15 deles indefinida
Unha vez máis, sentímonos ninguneados e esquecidos
polo Sergas, lembrámoslle que seguiremos en pé de guerra mentres non se
atendan as nosas peticións que non son máis que medios humanos e
materiais, así como cumprir as condicións laborais pactadas no 2008, e
máis agora no que parece non haber problemas a nivel orzamentario.
https://www.21noticias.com/2019/01/los-pacs-en-pie-de-guerra-le-recordamos-al-sergas-que-seguiremos-mientras-no-se-atiendan-nuestras-peticiones/?fbclid=IwAR10RKl0hHIq_Z-aA53qcpP5PrcH-FzmhQPzVjo0m-3wHmHruqT25ySzncY