• Número 419
  • 29 de xaneiro de 2019

Universidade

Reunión da Xunta de Persoal do día 22 e posterior reunión coa Xerencia

29 de xaneiro de 2019 | O pasado día 22 realizouse unha reunión da Xunta de Persoal e, posteriormente outra entre o órgano de representación do PAS funcionario e a Xerencia. Os principais temas a debater adoptar decisión foron os xa adiantados no PASquín 418. Salientar que a Xunta de Persoal cos votos dos sindicatos CSIF, CCOO e UGT (7 votos) decidiron o apoio do órgano de representación á Resolución que regula a xornada, horario de traballo, vacacións e concesión de permisos e licenzas do persoal de administración e servizos da universidade da Coruña, fronte a CIG e APA que votamos en contra (6 votos).

Universidade

Eleccións sindicais nas tres universidades galegas

29 de xaneiro de 2019 | A vixencia dos órganos de representación sindicais ten data de caducidade, 4 anos, no caso da Xunta de Persoal esa data está próxima. Reunidos os sindicatos CSIF, UGT, CCOO e CIG, que se reclaman como “sindicatos máis representativos no conxunto do persoal laboral e funcionario do ensino universitario”, acordan promover as eleccións sindicais nas tres universidades galegas unificando os calendarios electorais nos procesos electorais que afectan, na UDC ao Persoal Docente e Investigador funcionario (Xunta de Persoal), Persoal Docente e Investigador laboral (Comité de Empresa) e Persoal de Administración e Servizos funcionario (Xunta de Persoal).

Universidade

Nova reunión do Consello de Goberno

29 de xaneiro de 2019 | O vindeiro día 30 realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno da que publicamos a orde do día. Como facemos habitualmente aproveitaremos a reunión para transmitir ao equipo de goberno, e @s representantes do resto da comunidade universitaria, as cuestións de interese para o colectivo.

Universidade

APA NON abrirá o seu local no CUR este luns

29 de xaneiro de 2019 | Debido a que os centros e servizos da UDC permanecerán pechados o luns, día 28, APA non abrirá o local que se lle asignou no CUR.

Universidade de Compostela

Acordo para a integración do complemento de produtividade no complemento específico do persoal funcionario de Administración e Servizos

29 de xaneiro de 2019 | A Xunta de Persoal Funcionario da USC ven de asinar un acordo coa Xerencia polo que o complemento de produtividade se integra no complemento específico. A Xerencia da USC fai efectiva, deste xeito, unha reivindicación da propia Xunta de Persoal.

Universidade de Compostela

Comunicado da Xunta de Persoal da USC sobre o control horario

29 de xaneiro de 2019 | A Xunta de Persoal funcionario da USC emitiu un comunicado no que deixa claro que “A XUNTA DE PAS FUNCIONARIO NON PACTOU NIN NEGOCIOU O CONTROL HORARIO, PERO SI NOS CORRESPONDE VIXIAR A SÚA IMPLANTACIÓN PARA EVITAR QUE SE VULNEREN DEREITOS DAS PERSOAS TRABALLADORAS”.

Administración Autonómica

As Xuntas de Persoal funcionario rexeitan o acordo de carreira profesional asinado pola Xunta e CCOO e UGT

29 de xaneiro de 2019 | As Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza, dos Servizos Centrais e das catro provincias, veñen de manifestar o seu rexeitamento ao acordo de carreira profesional asinado pola administración con CCOO e UGT. Consideran que é discriminatorio e un agravio comparativo respecto doutras administracións e doutras comunidades.

CUT - Alternativas na Xustiza

AXG-CUT esixe a devolución dous días confiscados en igualdade de condicións para tod@s

29 de xaneiro de 2019 | Na modificación dá Lei Orgánica do Poder Xudicial recóllese na disposición transitoria segunda o seguinte:

CUT - Citroën

PSA Vigo, que destruíu 5.000 empregos en 10 anos e precarizou ao máximo os que conserva, premiada polo Consello de Economistas de Galicia por xerar “emprego de calidade”

29 de xaneiro de 2019 | O Consello de Economistas de Galicia ten previsto entregar hoxe, por primeira vez, un premio que trata de distinguir a aquelas empresas que contribúen á creación de emprego de calidade en Galicia e implementan proxectos que redundan no crecemento económico e ano PIB galego.

Federación Sindical Mundial (FSM)

A FSM condena inxerencia contra República Bolivariana de Venezuela

29 de xaneiro de 2019 | A Federación Sindical Mundial (FSM), en representación de 95 millóns de traballador@s nos cinco continentes e do movemento obreiro sindical clasista mundial, rexeita da maneira máis rotunda a tentativa de golpe de estado contra o goberno lexítimo da República Bolivariana de Venezuela.

Persoal interino

O Tribunal Supremo confirma o dereito dunha estatutaria interina á carreira profesional sen discriminación algunha co estatutario fixo

29 de xaneiro de 2019 | O Tribunal Supremo confirma o dereito dunha estatutaria interina (do Instituto de Saúde Catalán) á carreira profesional sen discriminación algunha co estatutario fixo aínda cando a normativa vixente contemple esa discriminación, aplicando a Directiva europea de emprego temporal.

Lingua

Contra o sexismo e o racismo na linguaxe

29 de xaneiro de 2019 | “Pautas e consellos para evitar o sexismo ou o racismo na linguaxe” é apenas un dos contidos da Guía da linguaxe inclusiva que vén de elaborar a facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Compostela en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza.

Defende a Galega

Outro venres negro na CRTVG, e van 36!

29 de xaneiro de 2019 | @s traballador@s da CRTVG seguen mobilizándose todos os venres, este foi o 36, para reivindicar uns medios públicos de comunicación ao servizo da sociedade e non de quen goberne en cada momento na Xunta, tamén para protestar contra o desmantelamento progresivo que o PP está a realizar na radio e televisión de Galiza. Esencialmente por estes motivos, desde hai oito meses, na CRTVG os venres son negros, @s traballador@s realizan a súa actividade cotiá vestd@s de negro para evidenciar publicamente as súas reivindicacións.

CUT - CRTVG - Represalias na CRTVG

Ana Pérez deixa de presentar na TVG após 23 anos

29 de xaneiro de 2019 | É un un dos rostros máis coñecidos da televisión pública galega e cara visíbel na mobilización do cadro de persoal da CRTVG contra a manipulación e pola independencia dos medios públicos.

Economía

As nais traballadoras cun fillo na gardaría poderán desgravarse ata 1.000 euros máis: descobre como

29 de xaneiro de 2019 | As gardarías teñen ata o 15 de febreiro para informar a Facenda dos nenos inscritos nos seus centros en 2018. De momento, as nais non teñen que facer nada ata que non empece a campaña da Renda

Refuxiad@s – Ningún ser humano é ilegal

Dúas sentenzas xudiciais dan a razón ás persoas refuxiadas

29 de xaneiro de 2019 | O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social vese obrigado a readmitir ao sistema de acollida a aquelas persoas solicitantes de asilo que sexan devoltas a España en aplicación do regulamento de Dublín.

Oficina de Dereitos Sociais-Coia

VI Semana de Loita contra as Fronteiras

29 de xaneiro de 2019 | Foro Galego da Inmigración, Raias Traveseiras, ODS-Coia e Grupo de Axitación Social (GAS) lanzamos a VI Semana de Loita contra as Fronteiras, que organizaremos do 1 ao 3 de febreiro deste 2019 baixo o lema: A Lei de Estranxeiría Mata!

Sanidade Pública

Protestas en varios concellos da Coruña para denunciar o caos sanitario

29 de xaneiro de 2019 | Os plenos de Cerdido, Moeche e San Sadurniño demandan á Xunta que restableza o servizo de pediatría, mentres veciños de Mugardos concéntranse para pedir a presenza a diario de todos os médicos do centro de saúde.

Sanidade Pública

Os PACs en pé de guerra. “Lembrámoslle ao SERGAS que seguiremos mentres non se atendan as nosas peticións”

29 de xaneiro de 2019 | O pasado venres día 18 atopámonos coa noticia de que se chegou un acordo cos xefes de servizo da área de Vigo cun plan de choque que descoñecemos, pero que nos alegra que satisfaga as necesidades desa área en concreto, aínda que non debemos de esquecer que as necesidades son similares en todas as áreas de Galicia.

Sanidade Pública

Multitudinaria manifestación en Vigo “pola dignidade” da sanidade pública

29 de xaneiro de 2019 | Miles de persoas percorreron o centro de Vigo este xoves “pola dignidade” da sanidade pública tras a dimisión de 25 dos 31 xefes de servizo de Atención Primaria desta área sanitaria e as reivindicacións que levan realizado os traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) desde fai máis dun ano. Podes ver AQUÍ unha galería de fotos da impresionante manifestación.

Lingua

A galega, entre as impulsoras dunha rede de academias de linguas minorizadas

29 de xaneiro de 2019 | A Real Academia Galega é unha das seis entidades fundadoras da rede de academias, institutos lingüísticos ou centros de investigación en linguas minorizadas e minoritarias cuxo protocolo de colaboración se presentou a pasada semana en Iruña.

Sanidade Pública

A contención mecánica na saúde mental: Un recurso terapéutico máis ou vulneración de dereitos humanos?

29 de xaneiro de 2019 | A comezos de decembro o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) iniciou a denuncia pública da utilización da contención mecánica na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC).

Loita social - Pensións

Mobilizacións na defensa do sistema público de pensións o 2 de febreiro

29 de xaneiro de 2019 | Manifestación na Coruña, desde a Praza de Pontevedra. Concentración no Cantón de Ferrol, son dúas das accións convocadas por Modepen que se realizarán tamén noutras cidades e vilas da Galiza e en máis de 200 lugares do resto do territorio do Estado.

Historia - Spanish Revolution

(Vídeo) Sabes por que traballas 8 horas?

29 de xaneiro de 2019 | Os 44 días que cambiaron a historia do Estado Español. No ano 1919 un grupo de traballadores, despois dunha folga, que se converteu en xeral, de 44 días, conseguiron a xornada laboral de 8 horas. Queres saber que pasou?