Eleccións sindicais nas tres universidades galegas

A vixencia dos órganos de representación sindicais
ten data de caducidade, 4 anos, no caso da Xunta de Persoal esa data
está próxima. Reunidos os sindicatos CSIF, UGT, CCOO e CIG, que se
reclaman como “sindicatos máis representativos no conxunto do
persoal laboral e funcionario do ensino universitario”,
acordan promover as eleccións sindicais nas tres universidades
galegas unificando os calendarios electorais nos procesos
electorais que afectan, na UDC ao Persoal Docente e Investigador
funcionario (Xunta de Persoal), Persoal Docente e Investigador laboral
(Comité de Empresa) e Persoal de Administración e Servizos funcionario
(Xunta de Persoal).
O proceso iniciarase o día 7 de febreiro co
preaviso na Oficina Pública de Rexistro (OPR) e finalizará o vindeiro
día 9 de maio coa votación, segundo o seguinte calendario:
Resultado de anteriores convocatorias electorais