• Número 419
  • 29 de xaneiro de 2019

CUT - Alternativas na Xustiza

AXG-CUT esixe a devolución dous días confiscados en igualdade de condicións para tod@s

Esiximos que a instrución que publique a Dirección Xeral de Xustiza de Galicia recolla taxativamente que tódal@s funcionari@s, tanto titulares coma interin@s, a diferenza da do Ministerio, teñen dereito a solicitar os asuntos particulares ou parte proporcional corresponden tes aos anos 2017/18

Asunto: asuntos particulares 2017-18

Na modificación dá Lei Orgánica do Poder Xudicial recóllese na disposición transitoria segunda o seguinte:

“Disposición transitoria segunda. Gozar de días de permiso dos anos 2017 e 2018. O persoal a que se refire o artigo 503 da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, poderá gozar, excepcionalmente, tras a entrada en vigor desta Lei, de tres días adicionais de permiso por asuntos particulares correspondentes ao ano 2017. Tanto os tres días adicionais correspondentes a 2017 como os correspondentes a 2018 poderán gozarse en 2019. En ningún caso os tres días de cada ano poderán acumularse entre si, nin aos que correspondan a 2019 ou ás vacacións anuais retribuídas. Estes días adicionais serán concedidos pola Administración competente en materia de persoal atendendo, en todo caso, a que as necesidades do servizo queden cubertas.”

É evidente da súa lectura e sobre todo polo recollido no art 489.2 da propia LOPX "terán os mesmos dereitos e deberes que os funcionarios , salvo o fixeza no posto" que @s funcionari@s interin@s que traballaron durante os anos 2017 e 2018 teñen dereito aos días de asuntos particulares recollidos nesta disposición.

Nunha evidente discriminación o Ministerio de Xustiza acaba de publicar unha instrución para o ámbito non transferido (que polas informacións que ternos a Xunta de Galicia pretende reproducir nos próximos días) que impide @s funcionari@s interin@s cesad@s antes do 30 de decembro de 2018, a gozar dos 6 asuntos particulares ou parte proporcional igual que @s funcionari@s titulares.

Para ALTERNATIVAS NA XUSTIZA- CUT queremos deixar claro que tódal@s traballadoras/es. titulares e interin@s, deben ter os mesmos dereitos e deberes tal e como recolle a LOPX.

Por todo o exposto esiximos que a instrución que publique a Dirección Xeral de Xustiza de Galicia recolla taxativamente que tódal@s funcionari@s, tanto titulares coma interin@s, a diferenza da do Ministerio, teñen dereito a solicitar os asuntos particulares ou parte proporcional corresponden tes aos anos 2017/18.

Galicia, 221 de xaneiro de 2019

Asdo: Pablo Valeiras Ríos

(Responsable da AXG-CUT)