• Número 419
  • 29 de xaneiro de 2019

Federación Sindical Mundial (FSM)

Venezuela: A FSM condena inxerencia contra República Bolivariana de Venezuela

A FSM reitera, como xa o fixo en varias ocasións, a súa solidariedade co pobo venezolano, coa clase obreira e as nosas organizacións afiliadas no país ante esta ameaza imperialista

AMERICA LATINA, VENEZUELA

A Federación Sindical Mundial (FSM), en representación de 95 millóns de traballador@s nos cinco continentes e do movemento obreiro sindical clasista mundial, rexeita da maneira máis rotunda a tentativa de golpe de estado contra o goberno lexítimo da República Bolivariana de Venezuela.

Dita inxerencia, orquestrada polo goberno estadounidense, a OTAN e a UE e executada polos portavoces das transnacionais e os monopolios no país, constitúe unha violación flagrante das regras máis elementais do dereito internacional e da soberanía de Venezuela. Para a FSM, é un dereito inalienable de cada pobo a capacidade de decidir en por si, sen intervencións alleas, sobre o seu presente e futuro.

Así mesmo, a FSM reitera, como xa o fixo en varias ocasións, a súa solidariedade co pobo venezolano, coa clase obreira e as nosas organizacións afiliadas no país ante esta ameaza imperialista. Ademais, chamamos ao pobo venezolano a rexeitar as manobras dos imperialistas e os seus lacaios na rexión, contra os plans dos asasinos dos pobos. Seguiremos apoiando á clase obreira venezolana, afondando no proceso bolivariano, ata a abolición da explotación do home polo home, rumbo a un mundo novo, sen guerras e barbarie imperialista. Este é o único camiño a seguir para repeler os plans dos imperialistas.

Viva a solidariedade internacionalista!

O Secretariado