Outro venres negro na CRTVG, e van 36!

@s traballador@s da CRTVG seguen mobilizándose
todos os venres, este foi o 36, para reivindicar uns medios públicos de
comunicación ao servizo da sociedade e non de quen goberne en cada
momento na Xunta, tamén para protestar contra o desmantelamento
progresivo que o PP está a realizar na radio e televisión de Galiza.
Esencialmente por estes motivos, desde hai oito meses, na CRTVG os
venres son negros, @s traballador@s realizan a súa actividade cotiá
vestd@s de negro para evidenciar publicamente as súas reivindicacións.
A empresa responde coa apertura de expedientes e co
cambio das condicións de traballo dalgunh@s traballador@s que se
significaron na mobilización. Ao expediente aberto á xornalista e
presentadora Tati Moyano, finalmente arquivado, únese o aberto ao
locutor Carlos Jiménez e o cambio das condicións de
traballo á xornalista e presentadora Ana Pérez que forzaron a súa
renuncia a presentar o informativo Bos Días.
Á coacción da empresa @s traballador@s do ente
responden con máis mobilización e solidariedade, reclaman o cese da
dirección da CRTVG advertindo que a mobilización non vai parar!
Noticias relacionadas
Persoal da CRTVG cumpre oito meses de loito contra o "desmantelamento" e a "manipulación"