• Número 418
  • 21 de xaneiro de 2019

Universidade

Reunión da Xunta de Persoal

Reunión para, entre outras cousas, debater as propostas de Xerencia

A Xunta de Persoal ven de convocar unha reunión o vindeiro martes, día 22, coa finalidade, entre outras cousas, de analizar as propostas que a Xerencia remitiu e que vos xuntamos. Posteriormente, ás 12 horas realizarase a reunión co xerente.

Propostas

Xornada, horario de traballo, vacacións e concesión de permisos e licenzas

Segundo o que se sinala no correo remitido polo xerente, trataríase de realizar “correccións de forma e de erros materiais” coa finalidade de publicalo no mes de xaneiro.

No texto remitido non se contempla a recuperación da xornada de 35 horas, cuestión que para nós é condición imprescindible. Daremos batalla neste sentido. Cando nas outras universidades consolidan a recuperación da xornada previa aos recortes realizados no ano 2012, non podemos consentir que esta universidade, nesta resolución, só contemple concesións das traballadoras e traballadores. Se agora non recuperamos a xornada de 35 horas de traballo á semana non a recuperaremos nunca!.

Proposta de Oferta de Emprego Público (OEP) de estabilización do Persoal de Administración e Servizos (PAS) da Universidade da Coruña (UDC)

Non entendemos porque, se a Lei de Orzamentos Xerais o Estado de 2018 establece literalmente, (como no texto remitido está algo embarullado reproducimos o que se pode ler na Lei):

“9. Ademais do establecido no artigo 19.un.6 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, autorízase unha taxa adicional para a estabilización de emprego temporal que incluirá as prazas de natureza estrutural que, estando dotadas orzamentariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente ao menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017”

Se recorra a unha interpretación para acomodar ese marco temporal á data 31-09-2017, que repercute de xeito directo, e negativamente, no cómputo dos tres anos de traballo ininterrompido.

Tamén temos dúbidas de que se contemplen todos os postos susceptibles de se computar. Parécenos que deberían aparecer, ademais dos sinalados os seguintes:

Nº POSTO

POSTO

CENTRO/SERVIZO

044

Posto base

 Xerencia                                    

173

Técnico en microscopía

Servizos de Apoio á Investigación

345

Especialista de oficios

Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos

387

Técnico en relacións internacionais

Oficina de Relacións Internacionais

388

Técnico en relacións internacionais

Oficina de Relacións Internacionais

414

Auxiliar de servizos

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e

Responsabilidade Social

427

Posto base

E.T.S. de Arquitectura

488

Auxiliar de servizos

E.U. de Arquitectura Técnica

489

Auxiliar de servizos

E.U. de Arquitectura Técnica

499

Posto base

E.U. Politécnica

530

Auxiliar de servizos

Escola Politécnica Superior

531

Auxiliar de servizos

Escola Politécnica Superior

606

Auxiliar de servizos

Facultade de Ciencias do Deporte e

da Educación Física

621

Posto base

Facultade de Dereito

664

Auxiliar de servizos

Facultade de Enfermería e Podoloxía

724

Auxiliar de servizos

Unidade de Xestión Académica Integrada de Oza

(UXAI - OZA)

734

Auxiliar de servizos

Unidade de Xestión Académica Integrada

(Fac. Socioloxía/Fac. CC. da Comunicación)

735

Auxiliar de servizos

Unidade de Xestión Académica Integrada

(Fac. Socioloxía/Fac. CC. da Comunicación)

 

Acordo entre o reitor da universidade da Coruña e a Xunta de Persoal de PAS para o aboamento dunha gratificación por xubilación á idade legal, así como unha axuda familiar por falecemento e/ou incapacidade definitiva que supoña a ruptura da prestación de servizos coa Universidade da Coruña e dunha axuda por fillos/as do pas con diversidade funcional igual ou superior ao 33%.

Que substituiría á que está en vigor desde o ano 2010, ampliando as coberturas.

O xerente esqueceu, unha vez máis, o proceso de promocións acordado para o ano 2018. Non consentiremos máis retraso.