Propostas da Xerencia da USC

Últimas propostas da Xerencia da USC á representación d@s traballador@s
No último PASquín debullamos a proposta da Xerencia
da USC referente á xornada de traballo e ao control horario. Non
obstante nestes últimos dous meses a Xerencia desa universidade
transmitiu aos órganos de representación outras propostas que pode ser
interesante analizar por se fosen aplicables na nosa universidade,
sempre coas consideracións ou emendas que se acorde introducir.
Proposta de Programa Experimental de Teletraballo
Adaptación progresiva da xornada laboral para recuperación por
enfermidade