• Número 418
  • 21 de xaneiro de 2019

Administración Autonómica

Os sindicatos que pactaron en Madrid, venden tamén @s traballador@s da Administración Autonómica (Carreira profesional)

Os pactos asinados polos sindicatos do sistema demostran que nunca defenderon os intereses d@s traballador@s

O pacto subscrito por CCOO e UGT inclúe tamén unha reivindicación histórica d@s traballador@s da administración autonómica: a carreira profesional. O acordo asinado que permitirá incrementar o salario en función da antigüidade sempre que se supere a avaliación establecida, afecta esencialmente ao persoal funcionario de carreira e ao persoal laboral fixo que acepte e consiga funcionarizarse, exercendo como medida de presión para impulsar precisamente esa funcionarización.

Algúns aspectos dos acordos neste sentido

Ámbito de aplicación:

Persoal laboral fixo que se funcionarice.

Persoal funcionario de carreira

Persoal funcionario interino, con limitacións, só poderán acadar, como máximo, o grao I e dentro de 5 anos

Persoal laboral para o que a Xunta non ten prevista a funcionarización terá un sistema retributivo semellante aínda por negociar

Exclúese:

Persoal laboral fixo que non se funcionarice

Persoal laboral temporal e indefinido

O sistema de carreira ordinaria iniciarase cun grao inicial e terá catro graos máis, aos que se accederá cunha permanencia no grao anterior de cinco, seis, seis e sete anos respectivamente, sempre que se cumpran os requisitos establecidos e se teña unha avaliación favorable.

Se ben sen no ano 2019 se abre a posibilidade mediante un sistema excepcional e transitorio dos graos I e II solicitando o encadramento para o acceso, por unha soa vez, de maneira directa ao grao I, e de maneira anticipada ao grao II, cumprindo os requisitos de estar en activo (ou noutra situación con reserva de praza) e se en decembro de 2018 se conta cunha antigüidade de máis de cinco anos no corpo/escala e se cumpre algún dos criterios de avaliación establecidos no Anexo I desta sección, o incremento económico derivado do acordo realizarase de xeito progresivo desde o ano 2019 até o ano 2021 no que se cobrará o 100%.

Rexeitamos o acordado nesta materia porque non contempla a tod@s @s traballador@s e polos filtros que se reflicten para acadar os graos. A carreira profesional debe establecer un sistema de promoción horizontal co único cómputo da antigüidade que se estableza mediante o acordo entre as partes.