Universidade

Reunión da Xunta de Persoal
21 de xaneiro de 2019 | A Xunta de Persoal ven de convocar reunión o vindeiro martes, día 22, coa finalidade, entre outras cousas, de analizar as propostas que a Xerencia remitiu e que vos xuntamos.
Universidade

A desmobilización incrementa a nosa discriminación
21 de xaneiro de 2019 | Se sempre foi evidente o trato desigual aos colectivos que exercemos funcións laborais na UDC (PDI e PAS), esta consideración desigual diante de temas moi parellos increméntase, a medida que o noso colectivo se desmobiliza. Imos referir algúns exemplos diso.
Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas
21 de xaneiro de 2019 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as
19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
Universidade de Compostela

Propostas da Xerencia da USC
21 de xaneiro de 2019 | No último PASquín debullamos a proposta da Xerencia da USC referente á xornada de traballo e ao control horario. Non obstante nestes últimos dous meses a Xerencia desa universidade transmitiu aos órganos de representación outras propostas que pode ser interesante analizar por se fosen aplicables na nosa universidade, sempre coas consideracións ou emendas que se acorde introducir.
Administración Autonómica

Os sindicatos que pactaron en Madrid, venden tamén @s traballador@s da Administración Autonómica (Acordo económico)
21 de xaneiro de 2019 | O 27 de decembro de 2018 celebrouse a reunión da Comisión de Persoal na que os sindicatos CCOO e UGT asinaron co goberno do PP na Xunta de Galiza o “Acordo de concertación do emprego público de Galicia”. O pacto subscrito abrangue desde o incremento salarial para os vindeiros anos, desenvolvemento das Ofertas de Emprego Público, funcionarización e carreira profesional
Administración Autonómica

Os sindicatos que pactaron en Madrid, venden tamén @s traballador@s da Administración Autonómica (Carreira profesional)
21 de xaneiro de 2019 | O pacto subscrito por CCOO e UGT inclúe tamén unha reivindicación histórica d@s traballador@s da administración autonómica: a carreira profesional. O acordo asinado que permitirá incrementar o salario en función da antigüidade, sempre que se supere a avaliación establecida, afecta esencialmente ao persoal funcionario de carreira e ao persoal laboral fixo que acepte e consiga funcionarizarse, exercendo como medida de presión para impulsar precisamente esa funcionarización.
Xunta de Galiza

Modificacións á "Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia"
21 de xaneiro de 2019 | Como ven sendo norma habitual, tanto o goberno do Estado como o galego aproveitan a promulgación de determinadas leis para modificar outras. O goberno da Xunta utiliza de xeito sistemático a denominada Lei de Acompañamento, ao aprobar a Lei de Orzamentos de cada ano para darlle “un repaso” á Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, este ano non podía ser diferente e o DOG do 28 de decembro de 2018 na Lei de medidas fiscais e administrativas, modifícase de novo unha lei que pouco a pouco vai cambiando, de tal xeito que xa se parece pouco á ditada no ano 2015.
CUT

Unha nova identidade para continuar en movemento
21 de xaneiro de 2019 | Cumprimos 20 anos de existencia e pensamos que chegou o momento de mudar o logotipo que nos acompañou e referenciou desde 1999. Esa roda dentada e esa grande estrela que afortalaron as nosas siglas desde o seu nacemento evolucionan neste 2019 para actualizar a nosa identidade ao contexto actual, sempre coa vista posta na esencia inmutable do que eramos e continuamos a ser, pero en movemento constante.
CUT - CRTVG

Sen vontade negociadora despois da folga
21 de xaneiro de 2019 | Na xuntanza celebrada hoxe, 16 de xaneiro, entre o Comité Intercentros e a Empresa manifestouse, unha vez máis, a escasa vontade negociadora da actual dirección. Calquera cuestión que poña de manifesto a actual situación de crispación que viven as relacións laborais na CRTVG, no canto de activar unha posición negociadora na procura de solucións conxuntas, desencadea unha manobra de enroque por parte da dirección de Recursos Humanos.
DefendeaGalega

CRTVG. A loita continúa!
21 de xaneiro de 2019 | 35 semanas levan de mobilizacións as traballadoras e traballadores da CRTVG e os que mandan nesta casa non recúan e continúan manipulando e desmantelando.
CUT - Alternativas na Xustiza

Entrevista a Pablo Valeiras en "Vigo en la Onda" sobre a Xustiza
21 de xaneiro de 2019 | O pasado martes o responsable de AXG-CUT, Pablo Valeiras Ríos, participou no magacine "Vigo en la Onda", da emisora Onda Cero.
CUT

2019: a CUT no seu XX aniversario
21 de xaneiro de 2019 | No VI Congreso da CUT, celebrado en outubro de 2017, aprobamos documentos político sindicais e documentos organizativos. En ambos os dous casos marcamos como obxectivo principal fortelecer a ferramenta sindical para avanzar na conquista de dereitos, dando por pechada a fase da resistencia. Acordamos que xa non chegaba con ser homes e mulleres rebeldes ao estilo de Albert Camus, nós queremos máis: aspiramos a inverter a pirámide, aspiramos a ser suxeitos de poder popular..
CUT - Citroën

Conflito colectivo mantemento Psa Vigo
21 de xaneiro de 2019 | Conflito Colectivo: A CUT o ano pasado interpuxo demanda pola modificación substancial das condicións de traballo do persoal de Mantemento e CIM; traballadores/as aos que a dirección unilateralmente impuxo un calendario que @s obriga a traballar sábados domingos e festivos.
CUT - Citroën

Comunicado conxunto das seccións sindicais de CXT e CUT das fábricas de PSA Citroën
19 de novembro de 2018 | O venres 11 de xaneiro de 2019 reuníronse en Madrid as seccións sindicais de CXT das fábricas de Vigo, Zaragoza e Villaverde pertencentes todas ao grupo PSA, máis a sección sindical do sindicato CUT da factoría de Vigo para responder ante a precarización laboral á que están a ser sometidas os persoais das fábricas apuntadas pertencentes todas ao polo ibérico do grupo PSA.
Federación Sindical Mundial (FSM)

100 anos do día en que o asasino Friedrich Ebert asasinou aos revolucionarios Rosa Luxemburgo e Karl Liebknecht
21 de xaneiro de 2019 | Un día como hoxe, o 15 de xaneiro 1919 en Alemaña, o chanceler socialdemócrata alemán, Friedrich Ebert, asasinou a dúas grandes figuras da Revolución Alemá: a Rosa Luxemburgo e Karl Liebknecht, porque encabezaron, mediante a organización revolucionaria “ESPARTACO”, a rebelión heroica dos obreiros alemáns contra o traidor da clase obreira, o socialdemócrata Friedrich Ebert e a plutocracia alemá.
Sanidade Pública

Tres mortes, dúas comisións, centos de médicos angustiados
21 de xaneiro de 2019 | O Servizo Galego de Saúde naufraga. Nos centros de atención galegos morre xente polas carencias na atención. Os profesionais confésanse superados. Hai protestas día si e día tamén nas rúas de medio país. Os doentes están peor atendidos, xa é unha evidencia. Dimiten xefes nas áreas máis saturadas. Medran os grandes complexos hospitalarios ao ritmo que medra o negocio das compañías privadas. As críticas apuntan á Xunta do PP.
Sanidade Pública

Persoal dos PACs concéntrase mentres se pon o ramo á comisión de investigación
21 de xaneiro de 2019 | A plataforma PACS en pé de Guerra concentrouse esta cuarta feira 16 de xaneiro perante o Parlamento de Galiza en protesta contra a falta de recursos humanos e materiais e demandando melloras no seu labor asistencial. A protesta coincide coa fin da Comisión de Investigación no Parlamento pola morte dun paciente no PAC da Estrada.
Sanidade Pública

“Os pacientes están amoreados nos corredores”, denuncia persoal de Urxencias do CHUAC coruñés
21 de xaneiro de 2019 | A Comisión de Centro fala de “situación caótica” mas unidades de hospitalización e do seu servizo de Urxencias do hospital coruñés e advirte da “presión asistencial” que teñen que soportar os profesionais.
Lingua

A Semente agroma em Ponte Vedra
21 de xaneiro de 2019 | A aposta polo ensino em galego, comunitário e construído desde a base, prende passo a passo nos principais núcleos urbanos do país. Falamos com Sabela Corral, da Semente Ponte Vedra, para que nos explique como vai o projeto de criar umha escola de ensino galego na cidade do Leres, um dos concelhos do país onde o idioma tem praticamente desaparecido das capas mais novas da populaçom.
CARTAS QUE RECIBIMOS

As vosas colaboracións
21 de xaneiro de 2019 | Espazo aberto á vosa participación
Universidade

Últimas convocatorias nas Universidades da Coruña, Santiago e Vigo
21 de xaneiro de 2019
Oficina de Dereitos Sociais-Coia

O "senfogarismo": problema de vivenda, non de servizos sociais
21 de xaneiro de 2019 | A vaga de frío que afecta á gran parte da península volve a colocar na axenda mediática a situación das persoas "sen fogar". Vigo non fica allea a esta realidade e nos últimos días atopamos nos medios da cidade cruce de declaracións entre goberno municipal e colectivos sociais sobre a situación de moitas veciñas.
Loita social

Comunicado da III Asemblea da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións
21 de xaneiro de 2019 | Reunida en Madrid este 11 de xaneiro de 2019, pasados uns meses do segundo ano da súa constitución, a III Asemblea da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, decidiu entre outros asuntos, continuar coas mobilizacións e emitir o seguinte comunicado:
Opinión - Jose Cutillas

Calquera cantidade é demasiada… para o gasto militar
21 de xaneiro de 2019 | Hai pouco lemos a noticia do informe anual do SIPRI (Instituto Internacional de Investigación para a Paz de Estocolmo, https://www.sipri.org/) sobre o gasto militar global. Como datos que destacar enunciaría os seguintes titulares: