A desmobilización incrementa a nosa discriminación

Se sempre foi evidente o trato desigual aos
colectivos que exercemos funcións laborais na UDC (PDI e PAS), esta
consideración desigual diante de temas moi parellos increméntase, a
medida que o noso colectivo se desmobiliza. Imos referir algúns exemplos
diso.
Medidas incentivadoras da xubilación do PDI
No Consello de Goberno do día 26 de xaneiro de 2006
apróbanse as Medidas
incentivadoras para a xubilación voluntaria do profesorado dos corpos
docentes universitarios da Universidade da Coruña.
Por si non eran poucos os privilexios, no Consello
de Goberno do 3 de abril de 2008 apróbase a
Proposta de disposición adicional a engadir nas medidas incentivadoras
para a xubilación voluntaria do profesorado dos corpos docentes
universitarios da UDC.
Na
sesión ordinaria do Consello de Goberno de 27/03/2012
apróbase a
Normativa polo que se regulan as medidas incentivadoras para a
xubilación voluntaria do profesorado dos corpos docentes universitarios
da Universidade da Coruña co seguinte texto,
anexo XV
Esta medida inténtase xustificar como un xeito de
propiciar o rexuvenecemento do colectivo do PDI e proceder ás
promocións. Levouse a efecto nunha situación de crise económica
profunda, o orzamento da UDC baixou en 2012 a un nivel inferior ao de
2008, foi, tamén, o ano no que Na
Universidade difundiuse a Instrución 4/2012 da Xerencia, sobre a
aplicación na nómina do persoal da UDC da supresión da paga
extraordinaria do mes de decembro de 2012, establecida polo real-decreto
lei 20/2012, do 13 de xullo.
A xestión interesada e irregular foi agromando e o
mesmo reitor na
sesión do Claustro do 13/12/2012 sinalaba: “En xuño
coñecemos a apertura de dilixencias por parte do Tribunal de Contas de
España contra os plans de xubilación voluntaria incentivada que, como o
noso, foi aprobado ao abeiro da disposición vixésimo terceira da
LOMLOU”. Na
sesión do Claustro do 30/04/2013 o reitor, no seu
informe, xa establece que “prohíbense as medidas para incentivar a
xubilación voluntaria, que nos estaban dando bos resultados”.
Posteriormente
a noticia salta á prensa que publica a ilegalidade cometida.
No
PASquín fixemos o seguimento desta irregularidade e
publicamos o
Informe do Tribunal de Contas.
Non obstante temos que lembrar que para este fondo
de xubilacións, posteriormente declaradas ilegais reserváronse, no
orzamento do ano 2013, 1.136.952€. Insistimos en que a pesares de
declararse ilegal, no orzamento do ano 2019 resérvanse aínda 394.403,85€
para afrontar estas xubilacións.
Ese mesmo ano, 2012, ademais dos recortes
salariais - extra de decembro, salario en caso de IT-
o sr. Armesto, presenta unha proposta de
Resolución de xornada, horario…
incluía o control horario
exclusivamente para o PAS, proposta
que tivo a resposta unitaria do Comité e Xunta de PAS.
(Resolución de xornada. (10/12/2012)
http://www.cutudc.com/pasquin/n165/ondenoslevan.html)
Mentres que isto ocorría no colectivo de PAS, a
universidade abonaba nas nóminas (fíxoo durante meses) do PDI os
importes dos complementos por sexenios de investigación, cargos de
xestión, excelencia curricular, recoñecemento do labor docente ou
investigador
para os que a Xunta se negaba a transferir diñeiro.
No Claustro do día 13/12/2012, o reitor informaba:
Os sexenios, compromiso verbal non reflectido en Convenio pagarase aínda
que a Xunta se nega a realizar as transferencias. Onte, 12/12/12
chegouse a un principio de acordo coa Xunta, o ano vindeiro é posible
que paguen os atrasos.
Ao respecto da Oferta de Emprego público
(OEP) tamén temos que salientar unha clara diferencia no
comportamento institucional ao respecto dos dous colectivos de
traballador@s (PAS e PDI).
Mentres que para o PDI o equipo de goberno apresúrase a
aproveitar calquera posibilidade de ampliación de prazas,
na sesión do Claustro Universitario na súa Memoria o reitor sinalou que
se ben a taxa de reposición actualmente no 100%, os cambios normativos
recollidos na Lei de Acompañamento dos Orzamentos Xerais do Estado de
2017 permitiron a ampliación da OEP de PDI a 43 prazas o que permitiu,
segundo o sinalado polo reitor, cumprir os compromisos de estabilización
de prazas. Mentres, aínda que nos
Orzamentos Xerais do Estado 2018, Artigo 19. Punto 2,
contémplase:
“As administracións públicas que no exercicio
anterior cumprisen os obxectivos de estabilidade orzamentaria e débeda
pública e a regra de gasto terán unha taxa de reposición do 100 por
cento. Adicionalmente, poderán dispor dunha taxa do 8 por cento
destinada a aqueles ámbitos ou sectores que requiran un reforzo de
efectivos”
No caso do PAS, o reitor sinalou, na última
reunión do Consello Social que “non hai diñeiro”
O tratamento de xeito desigual dos
dous colectivos de traballador@s da universidade – PDI e PAS – é
evidente e pon de manifesto o compoñente ideolóxico que sustenta as
actuacións dos que ocupan e ocuparon os postos de maior representación
institucional todos eles responsables, en maior ou menor medida, de
actuacións que precarizaron a situación do colectivo máis feble,
reproducindo, no noso microcosmos o que sucede na esfera de toda a
sociedade (contratos
tipo labora, contratos disfrazados de “colaboración
social” que agochan unha
verdadeira escravitude, desprofesionalizan a xestión introducindo
fontaneiros (PDI) que exercen na práctica as xefaturas dos servizos,
externalizando servizos...) son uns poucos exemplos do exercicio desta
xente que con escaso ou nulo fundamento ético queren pasar por progres.