Comunicado da III Asemblea da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións

Reunida en Madrid este 11 de xaneiro de 2019,
pasados uns meses do segundo ano da súa constitución, a III Asemblea da
Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións,
decidiu entre outros asuntos, continuar coas mobilizacións e emitir o
seguinte comunicado:
COMUNICADO DA COORDINADORA ESTATAL NA SÚA
III ASEMBLEA.
Compañeiros e compañeiras; o 10 de setembro de
2016, nacía nos xardíns do Paseo del Prado de Madrid esta Coordinadora,
coa participación dunhas poucas CC.AA. e unha vintena de persoas. O
pasado día 11 de xaneiro, apenas dous anos máis tarde, celebrouse en
Madrid a III Asemblea da COESPE coa participación da práctica totalidade
das CC.AA, e 70 persoas colaborando nas diferentes comisións de
traballo, sen dúbida todo un éxito que vos debemos a vosoutr@s, pola
vosa persistencia, resistencia e apoio a un movemento social que aínda
ten moito traballo por diante, e moito que opinar sobre pensións e
dereitos no noso país. Agradecemos todo o traballo realizado aos
compañeiros/as saíntes, aínda que sabemos que no fondo seguirán con
nosoutros, e toda a forza necesaria para os compañeiros/ as, que
continúan na loita.
Dixémosllo á Ministra Magdalena Valerio o
día 31 de xullo: nós queremos unha solución ao noso Sistema Público de
Pensións; nós estamos dispostos a traballar nesa solución, a achegar o
que sabemos, a fixar prazos realizables e con compromisos, onde todos/as
podamos sentir cómodos/as, pero nós non abandonaremos as rúas e as
prazas de pobos e cidades, se só tratades de poñer parches a unha
situación que se vén degradando desde a firma do Pacto de Toledo.
Temos a impresión, máis ben a constatación, de que
o Goberno non busca a solución do problema, de que non lle interesa
realizar unha reforma integral do SPP, que proporcione unha vida digna a
millóns de cidadáns/as que malviven con pensións de miseria; de que non
quere un debate aberto á sociedade, nin do por que chegamos a esta
situación, nin de como podemos entre todos abordar as solucións futuras.
Temos a constatación dun Goberno que nin tan só se
atreveu a mellorar o pacto establecido entre PNV e PP. Non se atreveu a
fixar a subida das pensións de acordo co IPC, nin ha derrogar a Reforma
do ano 2013 e o Factor de Sustentabilidade, o que nos aboca de novo a
que volva o 0,25%. Dicímoslle alto e claro, que esperabamos algo máis
que declaracións de boas intencións. Podémolo dicir máis alto, pero non
máis claro, queremos a derrogación das dúas reformas de pensións de 2011
e de 2013, así como a Reforma Laboral do PP que escraviza aos
traballadores, e a Lei Mordaza que impide o libre exercicio das
liberdades cidadás.
Pero tamén, imos dicirlle ao Goberno de Pedro
Sánchez desde xá, sobre todo o próximo día 2 de febreiro, en que a
III Asemblea convocou a primeira gran mobilización deste ano, que non
imos abandonar a loita, nin as rúas, que nacemos coa vontade de
quedarnos e que faremos todo o que podamos, para conseguir os nosos
obxectivos.
INSISTIR, PERSISTIR, RESISTIR.
GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIÓNS DEFÉNDESE
Comisión de Portavoces.
Por un sistema Público de Pensións Digno, Xusto,
Blindado e para asegurar o das novas xeracións.
Pola pensións presentes e futuras!!
Para contactar coa Plataforma:
Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com
Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas
Ferrol
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com
6 de janeiro de
2019 09:53
Recollido de:
https://artabra21.blogspot.com/2019/01/comunicado-da-iii-asemblea-da.html