Comunicado conxunto das seccións sindicais de CXT e CUT das fábricas de PSA Citroën

O venres 11 de xaneiro de 2019 reuníronse en Madrid
as seccións sindicais de CXT das fábricas de Vigo, Zaragoza e Villaverde
pertencentes todas ao grupo PSA, máis a sección sindical do sindicato
CUT da factoría de Vigo para responder ante a precarización laboral á
que están a ser sometidas os persoais das fábricas apuntadas
pertencentes todas ao polo ibérico do grupo PSA.
Na reunión mantida púxose en común a necesidade de
unificar as loitas das diferentes fábricas para responder á continua
degradación das condicións laborais que sofren @s traballador@ s nestas
factorías. Ademais, as diferentes seccións sindicais insisten na
necesidade de coordinar as loitas para seguir traballando pola defensa
da saúde laboral dos distintos persoais, deteriorada polos inhumanos
ritmos de traballo aos que son sometidos, pola defensa do emprego ante o
abuso na contratación precaria a tempo parcial, pola defensa duns
salarios sen perda de poder adquisitivo, por unha conciliación real
entre a vida familiar e laboral, en definitiva impedir que se sigan
rebaixando dereitos laborais @s traballador@s.
Lembran que a única vía para a recuperación de
dereitos segue sendo a loita e as respostas coordinadas nos diferentes
centros de traballo.