Conflito colectivo mantemento Psa Vigo

Conflito Colectivo: A CUT o
ano pasado interpuxo demanda pola modificación substancial das
condicións de traballo do persoal de Mantemento e CIM; traballadores/as
aos que a dirección unilateralmente impuxo un calendario que @s obriga a
traballar sábados domingos e festivos. Por obrigación legal, tivemos que
denunciar tanto a empresa como ao resto dos sindicatos do Comité.
No día de onte celebrouse finalmente o xuízo contra
a empresa, onde a maxistrada terá que valorar si existiu negociación ou
imposición ao obrigar aos traballadores/as de Mantemento e CIM a
traballar en fin de semana. A empresa utilizou a argumentación que mais
do 80% dos/as traballadores/as afectados aceptaron as condicións de
carácter voluntario, e que existiu unha negociación ca representación
sindical, cando iso e totalmente falso.
Lamentamos que as/os compañeiras/os de UGT e CC.OO
que esta vez si sendo citados previamente igual que o resto dos
sindicatos, non compareceran. Dende logo non é o mesmo a unidade de 4
sindicatos que de dous a hora de defender os dereitos. O avogado
do SIT presentouse, pero para defender as teses da empresa.
Como dato apuntar que na Opel en Zaragoza
pretendeuse realizar os mesmos cambios de calendario, pero a empresa si
abriu un período de negociación cos sindicatos. Grazas a oposición
férrea e a presión dos/as traballadores/as de Mantemento obrigaron ao
Comité no seu conxunto (CGT, OSTA, CC.OO, UGT e o sindicato de
técnicos e mandos ACUMACME) a presentar demanda conxunta contra a
empresa pola modificación substancial pretendida.
Por certo, o IPC no 2018 situouse no 1,2%, polo que
o incremento salarial no 2019 pactado en PSA Vigo grazas aos acordos
asinados e ratificados en convenio incrementara táboas nun: 0,31%. Outro
ano que perdemos poder adquisitivo -0.89
A unión dende logo fai a forza, e na PSA
Vigo namentres non miremos ao colectivo fronte ao individual, non
avanzaremos en dereitos sociais i económicos.
Agora, cada quen que saque as súas propias
conclusións.