As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos
Falta contundencia
Eu, compañeiros, agardaba máis dunha Xunta de
Persoal, que comezou posicionándose dun xeito contundente fronte ás
intencións dos que nos mal gobernan e foi diminuíndo en presión e
contundencia até converterse nun ente que en múltiples ocasións parece
ausente. Se fallan as gañas ou as forzas sempre hai a posibilidade de
dimitir e que ocupen eses postos, coa súa inherente responsabilidade,
outras persoas.