Os pacientes están amoreados nos corredores”, denuncia persoal de Urxencias do CHUAC coruñés

Menos de 24 horas despois de que
Feixoo describise na súa comparecencia na comisión parlamentar
de sanidade unha situación sanitaria case que inmellorábel e na que
apenas había problemas puntuais, a Comisión de centro do
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) vén botar
unha xerra de realidade ao discurso do presidente. A comisión fala de
“caótica situación das unidades de hospitalización
e do seu servizo de Urxencias”. Unha denuncia que se suma á feita nestas
semanas desde outros complexos hospitalarios, como o CHUS compostelán.
O hospital da Coruña “ten falta de camas
todo o ano, como o proba o feito que en moitas unidades do
hospital xa está “normalizado” introducir unha terceira cama en
habitacións habilitadas como dobres”, explican desde a Comisión de
Centro. Os profesionais alertan das consecuencias desta sobreocupación:
perda de calidade e de seguridade na asistencia
que reciben os pacientes, grande sobrecarga e estrés
dos profesionais que teñen que atender moitos máis pacientes co mesmo
persoal e recursos, riscos para a seguridade…
“A presión asistencial que soportan os profesionais
é elevadísima, preocúpalle ao conselleiro? Non. Se non lle importan os
doentes, pouco lle importamos os profesionais
O incremento da demanda non é un feito puntual,
lermbran, é unha realidade epidemiolóxica, cando menos, nos meses do
período invernal. “Non é algo imprevisto para ninguén, tampouco para a
Xerencia e para o conselleiro de Sanidade” malia o calque non tomaron
medidas “xa que non se fixo nada para evitar o colapso hospitalario”.
“A presión asistencial que
soportan os profesionais é elevadísima, preocúpalle ao conselleiro? Non.
Se non lle importan os doentes, pouco lle importamos os profesionais.
Preocúpanlle os custes na calidade e dignidade da asistencia sanitaria
que reciben os e as pacientes? Non. Parece que só preocupa o custo
económico; o reforzo de persoal tanto nas unidades hospitalarias con
sobreocupación como no propio servizo de urxencias ou non existe ou se
regatea ao máximo”.
Este órgano do persoal exixe o reforzo
inmediato, "sen regateos miserables", de todas as unidades
hospitalarias e do servizo de urxencias.
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/pacientes-estan-amoreados-nos-corredores-denuncia-persoal-urxencias-do-chuac/20190117115948075305.html