CRTVG. A loita continúa!

35 semanas levan de mobilizacións as traballadoras
e traballadores da CRTVG e os que mandan nesta casa non recúan e
continúan manipulando e desmantelando. A prepotencia e a imposición
segue a ser a maneira de actuar dos monicreques que Feijoo colocou na
radio e televisión públicas, un modelo de xestión destinado a rematar co
servizo público, descuartizándoo dun xeito paulatino mediante a redución
dos servizos, a desprofesionalización e a manipulación dos contidos.
Para conseguir o obxectivo non dubidan en utilizar a represión, como unha arma máis contra a mobilización das traballadoras. Liquidación de programas, apertura de expedientes disciplinarios... coa finalidade de liquidar a resistencia.
As compañeiras da CRTVG téñeno moi claro, se a
dirección do ente non cambia o rumbo, elas non paralizarán as
mobilizacións.